De 10:00h a 11:30h, o horario de Correos na Ponte do Porto


Xa o denuciaban hai un mes, pero parece ser que o servizo non mellora. O BNG de Camariñas, a través da parlamentaria Rosana Pérez, vén de presentar varias preguntas no congreso dos deputados, co fin de que o goberno responda a situación actual da oficina de Correos, así como para que poña os medios precisos para solucionar as deficiencias.
A mencionada oficina só abre de 10 a 11:30 da mañá e de luns a venres, non abrindo o sábado. Ademais, non presta os servizos de franqueo, facturación ou apartados postais.
Unha oficina que, pola súa situación, a oficina da servizo as localidades de Arou e Camelle, en Camariñas, e as parroquias de Cereixo e Carnés, en Vimianzo, a mais da propia Ponte do Porto e toda a súa parroquia. O propio servizo de Correos creou no seu día un código postal para a zona, o 15121, co que deixa claro a necesidade dunha oficina en condicións, xa que todos os servizos non prestados teñen que ser atendidos, ou ben en Camariñas ou ben en Vimianzo, ambas a 20 quilómetros dalgúns lugares.
Visto o exposto, o BNG pide “ao goberno español que cumpla as normativas postais que falan deste servizo como un servizo universal, como na Lei Postal do 30 de decembro 43/2010, e así reclama a apertura en horario normal da oficina, que se dote a mesma do persoal suficiente para o seu correcto funcionamento, e que se volvan a prestar os servizos de franqueo, facturación e apartados postais na oficina”.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa de Ilva Carril Vázquez, Portavoz Local do BNG de Camariñas.