Denuncian a enésima perda de servizos de Correos na Ponte do Porto


Segue sendo a e liminación do Servizo de Correios na Ponte do Porto un asunto que xera polémica no concello de Camariñas. Xa sabíamos que o horario é bastante limitado, pero dende o BNG, que xa denunciara no seu día o empeoramento do servizo de correos, critica agora que “non se está a cumprir cos mínimos do que está considerado lexislativamente un servizo universal”.
I é que a oficina situada na Ponte do Porto, aberta unicamente de 10:30 a 11:30h de luns a venres, non presta servizos como o franqueo, a facturación ou o servizo de apartados postais, obrigando aos usuarios a desplazarse á oficina do Concello de Vimianzo.
O PP xa respostou ao BNG camariñán sobre a denuncia, decindo que ”se realizou unha reestructuración dos servizos rurais e considera que tanto o horario como a atención son axustados”. Algo que dende o grupo da oposición considera inaceptable, e demanda que “se amplie o horario da oficina de correos da Ponte, así como a reposición do franqueo, a facturación ou os apartados postais”.
Un lugar estratéxitco
Lembran que a localidade da Ponte do Porto- Camariñas está situada nun ponto intermedio da Costa da Morte, nun lugar estratéxico entre os concellos de Camariñas e Vimianzo, que distan entre si uns 20 Kms. Tanto é así, que a propia entidade de correos creou un código postal, cuxa numeración é 15121, que non só correspondía ao lugar da Ponte do Porto e outras parroquias, sinon que incluie en dito código postal a totalidade dos lugares de Camelle- Arou-Camariñas, e doutras parroquias pertencentes ao concello de vimianzo, como Carantoña, Cereixo e Carnés.
Novas relacionadas
- 17-10-2014: De 10:00h a 11:30h, o horario de Correos na Ponte do Porto.
- O BNG de Camariñas contra a redución do profesorado e a redución do servizo de correios na Ponte.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Camariñas.