Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Denuncian o mal estado do paseo marítimo de Camariñas

Denuncian o mal estado do paseo marítimo de Camariñas
Estado do paseo maritimo de Camarinas

Unha das consecuencias dos temporais é a desfeita dos paseos. Hoxe, dende o BNG de Camariñas denuncian o estado de abandono no que se atopa o paseo marítimo Camariñas na zona de “area da Vila”, que discurre por detrás da Conserveira de Cerdeiras.

Sinalan que "xa vai para tres anos que o acceso ao paseo constitue un perigo para a xente que se achega a el. Resulta sintomático o deterioro no que se atopan as aceras, balastruadas e farolas que discorren ao longo do paseo. Iste deterioro é un máis dentro dos centos que hai no noso Concello e aos que o BNG de Camariñas xa ten denunciado".

Pero consideran que "a desidia, a falla de interés do equipo de goberno por levar a cabo unha política de mantemento do material urbano fai que o noso concello se atope nun estado de abandono lamentable".

Indican ademais que "o feito de ter un Concello en boas condicións supón un atractivo máis para a xente que se acerca a nosa localidade para disfrutar da nosa paisaxe. Isto tamén xera economia local e axuda a revitalizar o noso povo", afirma a voceira local Ilva Carril.

Estado do paseo marítimo de Camariñas

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Camariñas.

Comentarios