Denuncian que o goberno de Camariñas dá por amortizado o abandonado complexo Aldea Madeira
Semana completa para o grupo popular camariñán. Despois de facer de anfitrión da reunión comarcal do PP, dirixida por Diego Calvo, o grupo vén de criticar, trala celebración do pleno, dous asuntos concretos.
Por un lado, o PP presetou unha moción para reforzar a presenza de efectivos da Garda Civil, que foi rexeitada cos votos en contra de BNG e PSOE. Tamén falaron da problemática subida das taxas pola xestión do lixo. A moción, que tamén foi rexeitada, quería pedirlle ao goberno que suprima os impostos anunciados.
Aldea Madeira
O grupo volve atacar arredor do abandonado complexo turístico Aldea Madeira. “Despois de levar 16 anos liando o palangre con muita leria e ningún feito, O PP preguntou no pleno e disque estaban traballando. Dixeron na prensa que iban sacar un pliego”., pero a realidade é que uns meses despois da última queixa popular, 4 anos despois das últimas promesas de rehabilitación, e despois de 15 anos de abandono, non se fixo absolutamente nada.
A cousa é ”Como xa nos parecía unha tomadura de pelo ós veciños de Camariñas; varios meses despois volvemos a preguntar e no ultimo pleno, con toda a caradura, a alcaldesa Sandra dinos que Aldea Madeira xa cumplio o seu obxetivo. Este e o proyecto turistico, estas son as grandes ideas do noso goberno local, que se encontra en estado ruinoso”.
O BNG
Pola súa parte, o pleno si aprovou a moción do BNG en apoio á lingua galega cos votos a favor do PSOE e os votos en contra do PP. Unha moción que implica que o Concello revise a súa actuación en materia lingüística e a adaptará ao previsto legalmente, así como adherirse á Plataforma Queremos Galego, entidade social ampla conformada por diferentes colectivos e por persoas a título individual.
Máis novas
- Agosto 24: “Aldea Madeira, símbolo do desgoberno e desinterese do PSOE de Camariñas”.
- 2020: Camariñas proponse construir un Centro de Día e reabrir o abandonado complexo formativo de Aldea Madeira.
- Que foi do complexo de formación hostaleira de Aldea Madeira?.
- 2014: O Rebumbio da Costa estreou en Aldea Madeira a súa aposta pola música en vivo.