Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A meirande parte da veciñanza de Camariñas cumple as normas de confinamento

Desinfectando en Camarinas
Os traballos de desinfección seguen por todo Camariñas
A meirande parte da veciñanza de Camariñas cumple as normas de confinamento

Este luns tivo lugar de xeito telemático unha reunión máis, telemática, da comisión de seguimento da evolución do Coronavirus en Camariñas. Foron varios os temas analizados, comezando polo análise da situación do número de infectados no Concello (aproximadamente 4) e as medidas necesarias para o seu control, da man dos médicos de familia dos centros de saúde.

Unha das medidas tomadas foi a de solicitar á Xunta, a través da Fegamp, a entrega semanal de Equipos de Protección Individual para os peóns de servizos múltiples que se ocupan da desinfección, policía local, protección civil, persoal de recollida de residuos e auxiliares do SAF.

Corentena

As cifras demostran que a veciñanza de Camariñas está mantendo moi ben as normas Estado de Alarma. As forzas de seguridade teñen identificado a 114 persoas, interceptaron 15 vehículos e apenas elevaron 5 propostas de sanción.

Desinfección

Hoxe empezaba a desinfección das beirarrúas e rúas de #Camelle, que se retomará cando amaine o vento.
O persoal de limpeza que estaba traballando nos centros educativos, pavillóns, mercado e cemiterio encargarase de desinfectar e limpar os vehículos municipais, o almacén e tamén a apoiar aos operarios na desinfección das entradas dos establecementos de acceso público.

Mascarillas do Encaixe

Ademais, dende o Concello recordan que para solicitar algunhas das 15.000 #máscaras que se están a confeccionar a través do departamento da Mostra do Encaixe, para uso non sanitario, poden chamar ao 667034305.

Destronizando o virus

Todo un éxito a campaña Destronizando o virus, compartindo nas redes as propostas da veciñanza para pasar a corentena. O intercambio cultural deixa cousas tan singulares e dispares coma estas:

Novas relacionadas

Comentarios