Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Museo de Man recuperou a historia do Prestige

Na exposicion do Prestige comisariada por Maria Bella que acolle o museo de Man 1
Na exposicion do Prestige comisariada por Maria Bella que acolle o museo de Man
O Museo de Man recuperou a historia do Prestige

Faremos un repaso máis persoal, pero queremos deixar constancia da emotiva xornada que tivo lugar o pasado venres no Museo Man de Camelle. Viu a luz o proxecto ‘Un Nunca Máis contado polas fillas de Manfred’, que xira en torno á traxedia do Prestige e tamén sobre a figura de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle.

A primeira xornada consistiu en dúas partes: unha asemblea da memoria e unha exposición. Os asistentes puideron sumerxirse no negro chapapote con recortes, pezas artísticas, poemas, imaxes, músicas… recompilado pola editorial "Disfusora" e que aproveita agora a asociación “Unha Gran Burla Negra” para esta mostra, que segue un fío argumental relacionado coas catro fillas de Manfred (Lucía, Teresa, Eugenia e Rosalía) que supostamente enviaron ao Museo catro caixas cheas de documentación xerada a partir das súas investigacións ao redor do afundimento do Prestige.

Unha mostra que segundo a súa comisaria, María Bella, é “facer memoria, celebrar o empoderamento colectivo e a unión lograda naquela época entre persoas de diferentes lugares, e recuperar esta conciencia para aplicala no presente e imaxinar o futuro que queremos nun tempo no que a cuestión medioambiental está moi vixente”.

A exposición estará aberta ata o 29 de setembro.

Na exposicion do Prestige comisariada por Maria Bella que acolle o museo de Man 3
Sandra Insua con María Bella na inauguración da Mostra

Na exposicion do Prestige comisariada por Maria Bella que acolle o museo de Man

Asemblea da memoria

A actividade coinmezaba xa coa asemblea da memoria, un perfecto exercicio para que as xentes da zona contasen como foi “o seu Prestige”. Faltou algún que outro peso pesado, pero a sesión, da que falaremos polo miúdo, foi un compendio de relatos persoais que serven para compartir a nosa historia e refrescar a nosa memoria.

O venres 23 de agosto ás 18 horas celebrarase a segunda destas asembleas, que pretende revivir a figura de Man

Primeira Asemblea de Memoria copiaImaxe da Asemblea da Memoria

Novas relacionadas

NOVAS DO PRESTIGE

OS VOLUNTARIOS QUE CAMBIARON A COSTA

SEGUEMENTO DO XUÍZO DO PRESTIGE

 

Comentarios