Luns. 18.11.2019
El tiempo

O cemiterio dos Ingleses prepárase para unha mística noite en homenaxe ao Serpent

O cemiterio dos Ingleses prepárase para unha mística noite en homenaxe ao Serpent

Xa coñecemos a historia daquel 10 de novembro de fai 122 anos. Noite tráxica na que tivo lugar o tráxico naufraxio do "Serpent", barco acoirazado da mariña británica. Nel pereceron 172 tripulantes e tan só 3 sobreviviron. Unha noite na que a solidariedade dos habitantes de Camariñas fixo que se improvisase un cemiterio para as numerosas vítimas que nos días seguintes foron arroxadas a terra polo fero Atlántico, preto da praia de Trece.
Desde entón este lugar é coñecido como "O cemiterio dos Ingleses".

Tralas simbólicas homenaxes dos anos pasados, varios persoeiros do país, como o delegado da Real Liga Naval Española en Galicia, José Manuel Pato González, o escritor Juan Campos e o deseñador Antonio Pernas artellan, coa colaboración do Concello de Camariñas, nun místico evento que serve para homenaxear tal data.

A cita será o mesmo sábado 10 de novembro ás 22.30 (hora na que tivo lugar o naufraxio) na praia de Trece. Alí estarña o músico Antonio Rumbo Vidal para interpretar 2 pezas musicais, e mais o "Coro Municipal de Abrandares de Camariñas", que prestará a súa voces neste acontecemento.

Novas relacionadas

Recunchos da Costa

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios