O Encaixe de Camariñas en vuelo directo Madrid-México


Segue en marcha a internalización da nosa artesanía máis cosmopolita. O Encaixe de Camariñas está máis de moda que nunca e despois de pasar por unha mostra portuguesa, e chegar a LA, desta volta vai cara México, tras facer escala en Madrid.
A pasada semana estivo presente na Mercedes Benz Fashion Week de Madrid, gracias ao deseñador Josse Matteos, un dos fixos da mostra costeira que sempre aposta polo noso encaixe.

E sen tempo a descansar, o próximo destino do Encaixe de Camariñas® será México. O Concello de Camariñas acode novamente a Termatalia, a Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar. Esta nova edición, a 16, terá lugar en Coahuila, México, do 29 de setembro ao 1 de outubro.
O pasado ano, unha delegación de Camariñas participaba por primeira vez nun espazo habilitado pola organización para a artesanía, un shopping no que xunto ás palilleiras realizando en vivo o seu labor, houbo exposición de pezas de roupa de fogar e complementos elaborados pola Asociación Profesional Rendas, ademais dunha colección de deseños dalgunhas grandes firmas que desfilaron pola pasarela da Mostra. O gran interese manifestado polo público levou non só a incluír nuevamente a Camariñas na programación, senón a contar con detalles elaborados con Encaixe de Camariñas como agasallo institucional por parte da organización.
Bolsas para panos e bolsitas perfumadoras foron os deseños escolleitos cos que Termatalia agasallará a autoridades e outras personalidades que acudan á edición mexicana. Polo momento son 20 os países que xa confirmaron a súa presenza en Cohauila, terceiro estado de México por extensión, situado na fronteira con Texas. Situada como a principal feira internacional do turismo de saúde, esta cita fomentará o intercambio de experiencias no ámbito empresarial, institucional e social co fin de impulsar o mercado do turismo termal e de Benestar, á vez que se establecerán vínculos científicos e comerciais entre o continente europeo e o americano.
Camariñas co seu Encaixe será a única excepción fóra do ámbito termal, da saúde e o benestar procedente de Galicia e presente na Feira. A delegación da vila do Encaixe compartirá espazo con artesanos mexicanos nun evento que sitúa a nosa comunidade como principal potencia nun mercado, o termal, de gran tradición e que contrasta cos mercados emerxentes de América Latina, onde o termalismo está aínda por descubrir.
Novas relacionadas
- Palilleiras de Camariñas participan na mostra internacional do encaixe de Peniche.
- De Camariñas a Los Ángeles pasando por Vigo
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe, o Faro que alumea a comarca
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe abre as súas portas
- Mostra 2016: Camariñas pon en marcha a Mostra do Encaixe
- Mostra 2016: Oito blogueiros participan na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
- Mostra 2016: Unha caramiña en forma de boneca é a mascota oficial da Mostra do Encaixe
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe expándese a Vigo
- Mostra 2016: Catorce países participan na Mostra do Encaixe coa estrea de Arxentina
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- Mostra 2015: A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- A Mostra de Encaixe, unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)