mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Hermann, a primeira borrasca do 2015, deixa refachos de 122 km/h na Costa da Morte

O Hermann, a primeira borrasca do 2015, deixa refachos de 122 km/h na Costa da Morte
Asi esta o paseo de Vimianzo co paso do Hermann-Foto-Rafael Lema

Non sabemos se xa entra dentro do concepto cicloxénese explosiva (preguntarémoslle a Mario Rodríguez), pero o primeiro temporal do 2015 xa pasou pola volta.

Entre a noite do mércores e a mañá do venres xa se rexistraron refachos de 122 en Fisterra (parece que o de 155 rexistrados no Cabo Vilán poden ser non fiables), 101 en Lira, ou 100 por Coristanco, das cifras máis altas de toda Galicia.

Ademais, en canto á chuvia, segundo os datos de 4gotas, os pluviómetros xa anotaron 45 l/m2 en Camariñas, 48 en Santa Comba, 31 en Lira, ademais dos 26 de Malpica.

Atentos teremos que estar tamén no mar, pois se mantén o aviso laranxa (ollo, que non Alerta) (5 m) hoxe e mañá.

Por agora quedámonos co termo borrasca, xa chegarán as cicloxéneses…

Despois dunha mana chuviosa calmou na ria de Corcubion-Foto-Irene Garcia Patino Asi estaba onte o Faro Roncudo precocinando a borrasca-Foto-Victor de Mira Asi estaba onte Cee dende a Casa da Cultura-Foto-Rafa Quintans

Previsión para a fin de semana

E aproveitamos a colaboración dos compañeiros de 4gotas.com, que nos mandan o exclusivo parte meteorolóxico costeiro de cara a estes días:
Tralas chuvias do xoves, o máis destacado en Galicia será a entrada de aire frío e a baixada das temperaturas.
Na Costa non se notará moito a friaxe, pero o venres teremos que falar de chaparróns durante boa parte do día e varios deles chegarán acompañados de saraiba e dalgunha treboada. Sobre todo pola mañá. Na tarde serán máis espalladas esas chuvias e mesmo se abrirán claros. O vento terá refachos fortes do noroeste.
O sábado o vento xira ao suroeste, será frouxo boa parte do día, pero soprará con forza pola noite. Tamén irán chegando chuvascos. Máis frecuentes na madrugada e na mañá e sobre todo no final da tarde.
O domingo volve rolar o vento ao noroeste e volverán a chegar chaparróns desde o mar. Serán máis frecuentes e intensos na mañá e apenas caerán na tarde.
Ollo ao mar o venres con ondas de 6-7 metros. Mellorará na fin de semana con ondas entre os 3 e os 4 metros.
.

Novas temporais

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios