Xoves. 19.09.2019
El tiempo

O IES Pedra da Aguia xa é embaixador oficial da Costa da Morte no Parlamento Europeo

Estudantes do IES Pedra da Aguia desprazáronse ata Estrasburgo para participar no certame de Euroscola.
Estudantes do IES Pedra da Aguia desprazáronse ata Estrasburgo para participar no certame de Euroscola.
O IES Pedra da Aguia xa é embaixador oficial da Costa da Morte no Parlamento Europeo

 

Días de grande intensidade no IESP Pedra da Aguia de Camariñas. Os embaixadores junior do ano pasado desprazáronse de novo ata Estrasburgo para participar no certame de Euroscola xunto a 500 estudantes de 20 países da Unión Europea. 

Así, durante un día, estes estudantes camariñáns convertéronse en eurodiputados e tiveron que debater sobre temas como a migración, o medio ambiente, os dereitos humanos e as próximas eleccións ao Parlamento Europeo.

20190321_081351

De volta ao centro, Europe Direc A Coruña, a oficina de representación da Comisión Europea con sede na Deputación da Coruña,  foi a encargada de impartir unhas charlas sobre a UE e sobre as oportunidades para os mozos e mozas en Europa. Así mesmo, tamén participou xunto con representantes do centro no programa “A Cancela” de Radio SER Nordés, que ese día emitiron o seu programa desde o centro camariñán.

Durante a emisión deste espazo, representantes do IES tamén fixeron un repaso de toda a actividade do instituto como Escola embaixadora do  Parlamento Europeo, así como das próximas actividades que se van realizar estes días no centro.

MESA REDONDA SOBRE PESCA E SUSTENTABILIDADE 

A primeira delas terá lugar esta mesma semana cunha mesa redonda sobre a pesca e a sostibilidade. Será o venres 5, a partir das 17.00 horas, e nela participarán a Eurodiputada do BNG, Ana Miranda; a Directora Xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez; a responsable de Comunicación da Axencia Europea de Control de Pesca, Patricia Sánchez; o Xerebte de Industrias Cerdeimar, Andrés Cerdeiras e o Director de Sostenibilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares.

A segunda das actividades está protagonizada unha vez máis polos embaixadores junior deste ano, quen se constituíron en catro grupos políticos europeos e elaboraron un programa electoral sobre pesca, migración, xuventude e medio ambiente, co que terán que convencer aos seus compañeiros para que os voten ese día.

Comentarios