O lobo mariño Camelle xa volve ao Gran Sol
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2016/05/18/Lobo-Marino-Camelle-FOto-CEMMA-1.jpg)
![O lobo mariño Camelle camiño do Gran Sol-Foto-CEMMA](/media/quepasanacosta/images/2016/05/18/Lobo-Marino-Camelle-FOto-CEMMA-1.jpg)
A historia de Camelle, o lobo mariño que varaba nas costas camariñáns, foi unha das máis exitosas deste ano para a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños CEMMA. Foron 85 días de recuperación, pero Camelle xa voltou ao mar. Recuperado no centro o pasado luns foi embarcado no no arrastreiro ‘Ferreira Martínez‘, e será liberado estes días no Gran Soló, no sur de Irlanda, a súa casa.
![Lobo Marino Camelle-Foto-CEMMA](/media/quepasanacosta/images/2016/05/18/Lobo-Marino-Camelle-Foto-CEMMA.jpg)
Aló polo mes de febreiro atopaban o pequeno Lobo mariño en Camelle. Presentaba signos graves, como falta de visión e un peso moi lixeiro.
Lembran dende o CEMMA que “O labor de recuperación dun animal salvaxe é tremendo, titánico. Case 90 días pendentes de cada respiro, de cada xesto, de cada tos. Todos os detalles son importantes, en cada un deles cremos ler unha mensaxe”
”Non foi un soño, foi unha realidade, un ser tanxible e querido. Un ser que agora pasa ao noso imaxinario, pois xa non o temos entre nós máis que como a auga dunha presada de mar, escorrindo entre os dedos”. Parece que a xente do CEMMA recordarán con cariño este pequeno animal salvaxe.
Máis novas sobre animais acuáticos
- 25-02-16: Camelle, a cría de lobo mariño, progresa favorablemente.
- 24-02-16: A Tartagura Beo resiste aos envites do lixo no mar
- 22-02-16: Unha cría de lobo mariño cincento aparece ferida en Camelle.
- Xaneiro 2016: Atopan morto un crocodilo na praia malpicá do Riás.
- Novembro 2015: Un golfiño non pode salvar a vida tras varar na praia de Razo.
- A tartaruga Rostro xa leva 1.700 km de travesía.
- 22-09-15: As candorcas visitan Fisterra.
- 18-03-14: Raciño volve ao Gran Sol.
- 03-02-14: O lobo mariño Raciño recupérase do temporal.
- Un visita de luxo nas augas da costa
- 26-01-15: O Lobo Mariño Fisterra volve ao Gran Sol.
- 18-01-14: Os temporais achegan baleas, lobos mariños e arroaces ás nosas costas.
- 02-12-13: Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- 07-11-13: O proceso para despezar a balea enferma de 26 toneladas que varou en Muros.
- 04-11-13: Unha balea de 20 metros varada en Muros.
- 03-06-13: O tiburón momo peregrina de novo ata Fisterra.
- 18-09-12: A tartaruga fisterrá Parda volve ao mar.
- Novas visitas de golfiños, vivos e mortos, por Carnota, Fisterra e Muros.
- 07-06-12: Unha Quenlla peregrina ata a Langosteira.
- A foca Nariga volve ao Gran Sol.
- Muros, cemiterio de animais exóticos.
- Unha balea apesta Muros.
- Crónica dun ataque mortal dun tiburón en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Cemma