Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Parlamento debate no Instituto

O Parlamento debate no Instituto
Visita de tres ex parlamentarios ao IES Pedra da Aguia Visita de tres ex-parlamentarios ao IES Pedra da Aguia Novamente o IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas recibiu unha interesante visita, grazas ao traballo do equipo directivo. Foron tres ex-deputados do Parlamento Galego os que visitaron, por cuarto ano consecutivo, o centro da Ponte do Porto. Antes de comezar, gardouse un emotivo minuto de silencio polas vítimas dos atentados terroristas en París, aínda que se precisou que habería que gardar moitos minutos de silencio para honrar a todas as vítimas inocentes que se producen a diario no mundo. Angel Mesa (PP), Luis Toxo (PSdG) e Xesús Veiga (BNG) contaron as súas vivencias na política aos máis de 40 alumnos de 3º da ESO matriculados no Centro. Ademais das súas experiencias persoais resaltaron o importante da formación académica para desenvolverse de forma axeitada na política. Na quenda de preguntas, os alumnos non foron alleos aos temas de actualidade, e así, non faltaron cuestións sobre a entredita independencia do poder xudicial, a irrupción de novos partidos na sociedade española, o caso catalán e as súas posibles repercusións en Galicia e o ascenso dos extremismos de esquerdas e de dereitas debido a crise económica e á situación dos refuxiados. Os ex-deputados destacaron o clima agradable no que se desenvolveu a charla e manifestaron o seu desexo de volver no próximo curso.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios