Luns. 19.10.2020
El tiempo

O Vilán descobre os seus naufraxios dende os dispositivos móbiles

O Vilán descobre os seus naufraxios dende os dispositivos móbiles

Non para o Faro Vilán. A aposta da Asociación de Empresarios de Camariñas é absolutamente exemplar, pois dinamizar así un edificio tan simbólico como un faro, e con fondos propios, é toda unha demostración de eficacia e vontade pola dinamización turística.

Estes días xa está aberta ata o 28 de febreiro (aberta de mércores a domingo), unha exposición de Carlos Triñares e Teresa Dávila, e para a vindeira fin de semana de 21 e 22 de febreiro, hai prantexada a presentación oficial da Ruta dos Faros en Realidade Aumentada.

Exposición "Paisaxes da nosa Terra"

Cadros de Carlos Trinares da exposicion Paisaxes da nosa Terra no Cabo Vilan

O pintor Carlos Triñanes (Rianxo) presenta unha serie de 17 obras en óleo sobre lenzo, nas que destacan as paisaxes, tanto de mar como de interior. A temática e estilo é similar nas seis obras que acompañan a obra de Triñanes realizadas pola artista Teresa Davila (Boiro) Triñanes xa tivera contacto antes con Camariñas e o Cabo Vilán, xa que foi gañador do 3º premio do xurado no I Certamen de pintura ó aire libre "Faro Vilán" celebrado o pasado 22 de xuño de 2013.

A Ruta dos Naufraxios en Realidade Aumentada

Ruta dos Naufraxios por Camarinas

A fin de semana do 21 febreiro, dende ás 17:00, ata o 22 Febreiro ás 16:00h, o Cabo Vilán volverá acoller unhas actividades enmarcadas no 80º aniversario do Cabo Vilán como Sitio de Interesese Cultural.

O venres 21, ás 17:00h, terá lugar a presentación da Ruta dos Naufragios-Realidade Aumentada, da man de Bernardino Martínez, creador da ruta e dos audiorelatos; e mais da web www.rutadelosnaufragios.com, con Emilio González. ADL de Camariñas. Ademais, o actor José Leis interpretará os relatos.

Para o sábado, a partir das 10:30h, abrirase unha exposición sobre Faros e naufraxios, e farase unha charla dirixida por Jesús Trillo Guille, redactor do Correo Galego, Xan Fernández Carreira. Historiador, Ramón Ayora Fernández. Capitán da Mariña Mercante, Evaristo Antelo López. Capitán da Mariña Mercante, Cristina Fernández Pasantes. Farera do Faro Vilán e Jose M Sánchez Mouzo. Desguaces Petrallo.

Posteriormente terá lugar un roteiro guiado para estrear a aplicación da "Realidade Aumentada", entre o Faro Vilán e o Cemiterio dos Ingleses. 8 Km. Á volta farase unha visita guiada ao Museo dos Naufragios e Sinais Marítimas do faro. Pero para estas cousas hai que inscribirse.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios