domingo. 08.06.2025
El tiempo

Os 10 compromisos de Independientes por Concello Camariñas

Os 10 compromisos de Independientes por Concello Camariñas
IxCC Independientes Concello Camarinas

Independientes por Concello Camariñas presentarase ás vindeiras municipais de maio de 2015. E hoxe quere presentar as súas propostas en sociedade. Os responsables consideran que en Camariñas "é absolutamente necesario ventilar e deixar que entre aire fresco nos despachos, nos armarios e nos caixóns da xestión municipal".

Por iso queren aportar o seu gran á política local. "Non se trata de ideoloxía, senon de boa xestión, eficacia, independencia e “sentidiño común”", sinalan. E así, queren anunciar os 10 compromisos básicos que toma a constitución política:

  • Compromiso 1:
    O partido “Independientes por Concello Camariñas”(IxCC) aspira a todo nas eleccións municipais e loitará por conseguir o Compromiso do maior número de veciños que faga posible alcanzar o goberno local e levar a cabo este proxecto que conta con equipo, programa e ideas suficientes para ir hacia un futuro de garantías coas nosas parroquias e lugares do Concello de Camariñas.
    Os votos de “Independientes por Concello Camariñas”(IxCC) nunca servirán para dar a alcaldía a forza política algunha que non sexa a dos cidadáns que alcancen representación coas nosas siglas de “IxCC”, sempre que se dera esa situación según o apoio acadado nas eleccións municipais. Non habéra ningún acordo previo nin votaremos ó candidato de ningún outro partido.
  • Compromiso 2:
    Redución soldo do Alcalde ata situalo na media dos soldos existentes entre os veciños do noso Concello. Un Alcalde debe ser un traballador máis e con soldo similar a media dos veciños que representa.
    Eliminación de tódolos soldos de cargos políticos por dedicación exclusiva ou parcial.
    Redución nun 50% nas asignacións por asistencia a plenos, comisións informativas e comisións de goberno.
    Non queremos políticos profesionais preocupados por soldos e dietas. Non é o momento dos políticos a soldo; é o momento de arrimar todos o hombro, e decimos todos, sin exclusións de ningún tipo, para sacar ó Concello adiante.
  • Compromiso 3:
    Transparencia total nas contas do Concello e expoñendo de forma clara gastos, ingresos e inversións a través das páxinas web do Concello e do resto de medios habituais para facer partícipes a tódolos cidadáns onde vai cada euro que se paga de impostos.
    Búsqueda dende o primeiro día de goberno, do equilibrio de contas municipais. Non se pode gastar máis do que se ten, nin se pode esixir os cidadáns máis do necesario, para cubrir os servizos esenciais da comunidade. O resto de “despilfarros” dos políticos mediocres, non nos fan falta os cidadáns.
    Participación e transparencia nos plenos municipais. Os veciños poderán participar no turno de rogos e preguntas nos plenos municipais. Tanto o Alcalde como os concellais, sexan do goberno ou da oposición, estarán obrigados a respostar verbalmente nese ou no seguinte pleno.
    Todo cidadán poderá gravar libremente os plenos, e así podemos contribuir a que a laboura dos Grupos Municipais, dos portavoces e dos concelleiros no pleno, chegue o maior número de veciños, estén ou non residindo no Concello. Así podemos conseguir que efectivamente os plenos sexan públicos.
  • Compromiso 4:
    Loita contra a corrupción política a todos os niveis.
    Todo cargo público afectado por unha denuncia polo desempeño das súas funcións, sempre que fora tida en conta polo xuíz con indicios racionais de presunto delito e por tanto “imputado”, deberá ser suspendido de inmediato das súas funcións e presentada a súa dimisión. Si fora Compromisario/a de “IxCC” será suspendido dos seus dereitos mentras non exista sentenza definitiva, e proceder conforme os estatutos según o dictamen da mesma.
    Transparencia na situación xudicial dos casos abertos pola xustiza, coa información da situación real das demandas contra o Concello e imputacións ou procedementos abertos contra cargos públicos do Concello.
    Os veciños teñen dereito a saber as demandas interpostas contra a administración pública e os cargos públicos, xa que non debemos olvidar que son os que reciben e xestionan os cartos de tódolos veciños a través dos impostos e por tanto con todo o noso dereito a coñecer a verdadeira situación xudicial dos cargos ou administracións afectadas por procedementos de presuntos delitos de corrupción ou análogos.
  • Compromiso 4:
    Apoio firme e decidido a tódalas empresas e negocios do Concello, para que dispoñan dos medios e das medidas municipais adecuadas para o desenrolo da súa actividade comercial e industrial, e que a mesma redunde dunha forma importante no crecemento económico das nosas parroquias e lugares.
    Non discriminar a ningunha empresa do Concello e menos por cuestións políticas, para contratos ou suministros municipais. Todas deben ter as mesmas oportunidades e en condicións de igualdade, colaborando desta forma a normalización do funcionamento da actividade municipal e sin que existan interferencias políticas para beneficiar a unas empresas en detrimento doutras.
    Cada unha das empresas e negocios suman para axudar a desenvolver a actividade económica dentro do Concello e por tanto todas deben ser tidas en conta, sin ningún tipo de discriminación.
  • Compromiso 6:
    Durante a época de crise e mentras exista un alto nivel de paro entre os veciños do Concello, non haberá máis subidas de impostos.
    Calqueira modificación relativa os impostos, sempre será consensuada cos axentes e representantes sociais do noso Concello. Os cidadáns non poden seguir pagando os “despilfarros” dos políticos que só lles preocupa os seus soldos e dietas.
    No caso do tipo impositivo do IBI, concederanse bonificacións de ata un 50% para pensionistas, e deberá revisarse outras taxas como a de recollida do lixo, para adecuar os prezos para veciños e negocios a realidade de grave crise económica que estamos a vivir.
    Os erros e os “despilfarros” dos políticos non se poden solucionar sempre cargando de impostos os contribuíntes.
    Facilitar as familias e empresas que o precisen, o pago de impostos para o cumprimento das obrigacións tributarias; plantexaremos a posibilidade de distribuir en plazos mensuais ou trimestrais o importe total das cuotas tributarias a satisfacer en todo ano, para aquelas familias ou empresas que o demanden.
    Os colectivos que deberán ser prioritarios para o equipo de goberno: nenos, xóvenes, os nosos maiores e desempregados, así como as víctimas de violencia de xénero.
  • Compromiso 7:
    Consulta previa os veciños: Someteremos a consulta previa os veciños e axentes sociais, todo proxecto municipal significativo, e acompañarase dun estudo de viabilidade así como un plan de comunicación. Con este sencillo método de aplicación do “sentidiño común”, hoxe non teríamos que estar inmersos en infinidade de procesos xudiciais e enfrentamentos cos veciños en conflictos provocados precisamente pola actitude de prepotencia do equipo de goberno actual.
    O noso Compromiso é firme para resolver cos afectados de tódalas parroquias, os conflictos abertos pola actuación do equipo de goberno actual, os cales en ningún momento tiveron o talante suficiente para arranxar os conflictos por medio do diálogo e a negociación.
    Acabouse o “ordeno e mando” e “Aquí mando eu” conceptos moi socorridos para o Alcalde e o equipo de goberno. Temos que aprender que os políticos están para axudar e resolver problemas aos cidadáns, e non para servirse do cargo e por riba crearnos máis problemas dos que xa se temos no día a día.
  • Compromiso 8:
    Revisión e estudo do Plan Xeral de Ordenación Municipal para conseguir un verdadeiro “consenso” entre todos os axentes e representantes sociais xa que o actual equipo de goberno en ningún momento buscou nin intentou unha implicación da cidadanía nun Plan Xeral que nos vai afectar durante moitos anos a tódolos veciños e veciñas; é imprescindible revisar a situación dos terreos privados que pasan a equipamentos municipais co perxuicio que iso supón para as familias afectadas; é imprescindible revisar o Plan especial de “Casco Histórico” e evaluar de forma detallada as consecuencias da súa aplicación sobre as vivendas e propiedades afectadas; é imprescindible resolver os problemas que plantexan a moitas familias ter os seus terreos en zona de reparto, e que implica de forma directa terreos prácticamente sin valor pola dificultade a hora de poder urbanizar; é imprescindible verificar o dano que ocasiona e as posibles solucións para as vivendas e propiedades en “fora de ordenación”.
    Nadie pode quedar fora do debate dun Plan Xeral, que afecta de forma tan directa a tódalas familias do Concello. O que non se fixo no seu día por parte do equipo de goberno, deberase de levar a cabo co necesario diálogo para procurar que entre todos poidamos decidir cal é o Concello que queremos.
  • Compromiso 9:
    Reordenación das actividades organizadas dende o Concello, para tódolos cidadáns e que deberán ser gratuitas. Tódolos cidadáns, sexa cal sexa o seu nivel económico, deben ter acceso as actividades municipais sin que o seu custe lles impida disfrutar destos servizos.
  • Compromiso 10:
    Potenciar en cada parroquia do Concello as súas características máis notorias, para ser máis fortes, sumando todos. Sumando o mellor e o máis significativo de cada parroquia e lugares, e como podemos facer un Concello unido para encarar o futuro con garantías.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de “Independentes por Concello Camariñas” (I.C.C.).

Comentarios