![Alumnos do IES Pedra da Aguia no Gaias]()
Alumnos do IES Pedra da Aguia recibindo o 3º premio no Gaiás
Non paran. Cada semana temos que achegarnos ao activo IES Plurinlingüe Pedra da Aguia de Camariñas, xa sexa por visitas parlamentarias ou
lliterarias. Desta volta facémolo porque veñen de acadar o 3º premio do concurso ComunicaTedu da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Foi o pasado venres cando os tres equipos que foron preseleccionados no Concurso ComunicaTedu, acompañados da profesora que guio a actividade, Silvia Lijó, desprazábanse á Cidade da Cultura de Compostela para participar non evento “InquEDU 2018: Falemos de educación”.
Durante a mañá os dez equipos galegos preseleccionados tiveron que expoñer en público o seu discurso argumentativo co tema: A alimentación como hábito de vida saudable. Durante o transcurso da xornada puideron presenciar as intervencións dos centros galardoados e ao remate do evento coñecer o fallo de xurado.
O equipo, formado por
Laura Sar, Noa Tedín e Juan Pose, que cursa en 1º de ESO a materia de Oratoria, conseguiu coa súa presentación “Eu non entro na cafetería” o 3º premio, dotado con 600 euros.
Para o instituto é unha gran alegría que o esforzo realizado polos escolares véxase premiado e recoñecido neste tipo de iniciativas.
https://quepasanacosta.gal/unha-visita-literaria-no-ies-pedra-da-aguia/
https://quepasanacosta.gal/alumnado-do-ies-pedra-da-aguia-debate-na-deputacion-sobre-o-futuro-de-europa/