Martes. 14.07.2020
El tiempo

O Pleno de Camariñas aprobou unha modificación do PXOM e ratificou o seu apoio ás Enfermeiras Eventuais en Loita

Pleno telemático de Camariñas
Pleno telemático de Camariñas
O Pleno de Camariñas aprobou unha modificación do PXOM e ratificou o seu apoio ás Enfermeiras Eventuais en Loita

Novo pleno telemático o deste pasado venres no Concello de Camariñas, con varios puntos de interese.

Os grupos de PP e BNG abstivéronse para que os votos do goberno socialista aprobasen un recoñecemento extraxudicial de créditos para poder facer fronte a facturas pendentes a proveedores valoradas en total en 249.964,26 euros.
Facturas para pagar os amaños da pista de Reira, ou os traballos contra a velutina.

Modificación Puntual do PXOM

Ademais, levouse á sesión plenaria ordinaria a aprobación da Modificación Puntual nº1 do Plan Xeral, que agora se terá que remitir de novo a Costas para proceder á aprobación definitiva. A modificación ten o obxectivo de modificar algúns elementos do PXOM referentes ás alturas dos peches en solo rústico e volve a pleno tras ser remitida no 2019 toda a documentación aos organismos competentes para que emitisen os informes correspondentes. Este punto tamén foi aprobado co voto a favor do PSOE e as abstencións do PP e BNG.

Por unanimidade quedou aprobado o Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais do Concello de Camariñas, mentres que a petición do BNG sobre a derogación da Lei Montoro para poder usar o remanente quedou aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP.

Enfermeiras

O BNG presentou tamén unha moción de apoio ó Manifesto de Enfermeiras Eventuais en Loita, que saíu aprobada cos votos a favor do PSOE e do BNG e coa abstención do PP. O Colectivo agradece a vontade do Concello que dende o primeiro momento se volcaron ca busca de material cando foi necesario.

comentarios