Rafael Lema publica unha guía sobre o Camiño dos Faros

Trala boa acollida do libro da Oca de Sebastián Vázquez, a editorial Editatum, a través da súa colección “GuíaBurros”, segue mergullándose na maxia do Camiño. Faino agora cun novo libro do noso escritor da Ponte do Poto, Rafael Lema. “Guiaburros: Camiño dos Faros é unha sinxela guía que percorre esa marabillosa senda de sendeirismo.
Lema fain fincapé serie de mitos, lendas e paraxes máxicos que nos imos a atopar ao facer o camiño, deixando claro que cada tramo ten as súas marcas de identidade. Son protagonistas persoeiros como a ave da chuvia, a raposa da mordasa, valugos, mouras, encantos, xigantes; a temible Mirta, o agresivo Xan, o bonachón pándigo,ou outras criaturas xa vellas amigas do caminante iniciado: Xerpa, Vakner, Orcabella, Buserana. "Hai patrimonio natural e histórico, pero ante todo é unha dos lugares míticos de Europa, o Finisterre, son os camiños do fin do mundo antigo, desde onde contemplamos a morte do sol máis occidental". Ademais sinala que "é a Costa da Morte, o maior cemiterio mariño de Europa, a historia dos naufragios é un sinal característico. E é unha "ribeira sacra", toda a costa que imos percorrer estaba chea de pequenos monasterios na Idade Media, e levantáronse famosos santuarios que ocuparon os antigos lugares de culto e cristianizaron moitos mitos e lendas.
"Os cantís de Malpica, Corme, Touriñán mostran a verdadeira cara da Costa da Morte. Muxía é o gran santuario mariño galaico, todo un residuo do vello culto á dea, a deusa nai, a máis adorada na zona e en Galicia nas súas varias caras" indica o autor, que defende e quere revalorizar o Camiño dos Faros, "é a Costa da Morte propiamente, a que vai das illas Sisargas ao cabo Fisterra. Eu fun un dos primeiros colaboradores da ruta, e a idea era unir os faros do fin do mundo, da Costa da Morte pola costa, polos acantilados; pero hai algo máis que natureza".
NOVAS RELACIONADAS
- Sebastián Vázquez: "Ao chegar ao final do Camiño hai que cruzar para chegar ao paraíso, que está en Camariñas”.
- As Crónicas Marítimas de Rafael Lema provocaron un intenso debate cos xubilados da Coruña.
- Rafael Lema: A historia da importante frota de navegación de Camariñas.
- Rafael Lema xa ten a Cruz de Prata da Real Liga Naval Española.
- Rafael Lema segue levando a súa Crónica Marítima pola Costa da Morte.
- Rafael Lema, Cabaleiro da Áncora de Prata da Real Liga Naval Española.
- Rafael Lema presenta en Ponteceso o seu libro “Costa da Morte. Crónica Marítima”.
- Rafael Lema espalla a Vía Pagana do Camiño por Italia.
- Rafael Lema leva a Italia o Camiño milenario ao Finisterre galego nun libro.
- A novela sobre U-49 de Rafael Lema representará a Galicia un congreso luso-galaico.
- A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Investigadores europeos destacan a riqueza dos pecios da Costa da Morte.
- Os alumnos de Cee coñecen de preto a Costa dos mil naufraxios.
- Rafael Lema comezou no Mosteiro de Ozón a súa promoción do novo Catálogo de Naufraxios.
- Rafael Lema e Concha Blanco, dos costeiros para un curso da USC en clave feminina.
- Ribeira toma nota dos naufraxios da Costa da Morte con Rafael Lema.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos.
- O Catálogo de Naufraxios de Rafael Lema será publicado pola Deputación.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio reciben a Medalla ao Mérito Cultural.
- Rafael Lema presentou os seus soños e naufraxios en Carballo.