Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rescatan un mariñeiro que se tivo que tirar ao mar ao incendiarse a súa embarcación no Cabo Vilán

Embarcacion de Artes Menores Maruxia Siete
A embarcacion de Artes Menores Maruxia Siete que sufriu o incendio
Rescatan un mariñeiro que se tivo que tirar ao mar ao incendiarse a súa embarcación no Cabo Vilán

Esta mañá de luns 27 de abril, pasadas as 6:00h ao nordeste do Cabo Vilán prendía o lume a bordo do “Maruxía Siete”, unha pequena embarcación de artes de menores con base en Camariñas. O barco estaba faenando, fondeado na zona da Arnela, cando se declarou o incendio polo que o mariñeiro tirouse ao mar. Deulle tempo a chamar ao "Cochero", outro mariñeiro camariñán, que foi inmediatamente a rescatalo, e traelo a porto. "Salveime de sorte", recoñecía o mariñeiro aos seus achegados unha vez en terra firme.

Unha vez activado o protocolo do 112, tamén saíron á zona o Altair Salvamar, a embarcación de Salvamento con base en Camariñas, e o helicóptero Helimer, ademais da Garda Civil. A Altair intentou remolcar o barco a porto, pero non aguantou e acabou afundido.

O mariñeiro foi trasladado en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira para darlle osíxeno.

Comentarios