luns. 17.03.2025
El tiempo

Rosa Aneiros confirma o gran nivel dos Clubs de Lectura costeiros

Rosa Aneiros no Club de Lectura IES Ponte do Porto
Rosa Aneiros confirma o gran nivel dos Clubs de Lectura costeiros

Vaia nivel que teñen os Clubs de Lectura dos centros da Costa da Morte. Aprendemos co Club Baiolendo, do IES de Baio, e tamén co Club de Lectura Arao Adultos do IES Pedra da Aguia. 

O  venres 14 de febreiro, pola tarde, o Club camariñán recibiu, coincidindo co seu décimo sétimo aniversario, unha visita moi especial: a escritora Rosa Aneiros. A autora galega xa estivera en 2023, nesta ocasión compartiu cos membros do club, fieis seguidores da súa prosam A Noite das Cebolas, unha novela que aborda a morte sen negrura, a paisaxe, os faros como guía do camiño e da vida, e as cebolas, que representan o proceso de desposuírse de capas para chegar ao fondo do propio ser.

Para o Club de Lectura Arao Adultos, poder compartir esta xornada con Rosa Aneiros e debater sobre a súa obra "sempre é un pracer e un privilexio. Estes encontros representan unha oportunidade única para profundar na literatura galega e celebrar a paixón pola lectura xunto a grandes referentes do ámbito literario e cultural".

Rosa Aneiros no Club de Lectura IES Ponte do Porto 23

Máis novas

 

Comentarios