martes. 06.05.2025
El tiempo

Tras 7 anos, rematan as obras entre Laxe e a Ponte do Porto

Tras 7 anos, rematan as obras entre Laxe e a Ponte do Porto
Estrada Laxe-Ponte do Porto

Despois de 7 anos de obras, os 12,7 km da estrada entre Laxe e a Ponte do Porto (AC-433) parecen rematados, e xusto en periodo electoral. O remate de obra produciuse coa posta en servizo da variante de Soesto, que incluíu a suposta protección e posta en valor do camiño de acceso ao castro do Castrelo. Unhas obras delicadas que non ontaron coa participación veciñal e que para moitos supón unha descontextualización patrimonial.

Unha ollada ás obras

Estrada Laxe-Ponte do Porto 2

O acondicionamento consistiu no ensanche da calzada e na mellora das condicións de seguridade da vía entre o núcleo de Rescindes e Laxe. Para conseguir estes obxectivos foi ademais necesario deseñar variantes da estrada que evitan o paso polas travesías dos núcleos de Soesto e de Serantes.

Nun primeiro treito, dende o inicio da obra en Rescindes e ata o quilómetro 3+300, que coincide co trazado no concello de Vimianzo, ensanchouse a estrada un metro; no segundo treito, ata o qm 9+740, acondicionouse a vía a unha sección de 6 metros de ancho de modo que se compatibiliza a mellora da estrada coa adaptación á orografía e ao alto valor ambiental da zona que percorre.

O Castro Castrelo

Vista do camino ao Castro Castrelo de Laxe-Foto-Arqueoloxia Noroeste Vista do camiño ao Castro Castrelo de Laxe-Foto-Arqueoloxia Noroeste

Os traballos finais centráronse na execución da variante de Soesto, zona na que apareceu un camiño de acceso ao castro de Castrelo, que obrigou a adaptar o trazado e a configuración da estrada neste punto. Así, deseñouse un paso superior, unha fiestra arqueolóxica que permite conservar na súa ubicación orixinal este camiño. A sección da estrada nesta zona conta con dous carrís de 3,25 m de ancho cada un deles, e beiravías de 0,25 m, e habilitouse un aparcadoiro e un camiño de acceso ao propio castro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Xunta de Galicia.

Comentarios