4.250 persoas afianzan un Carballo Interplay referente na escena dixital galega
O Mercado de Carballo xa é todo un punto de encontro para o talento dixital, a creación audiovisual e a reflexión arredor da cultura de internet. E un lugar onde a creación dixital galega ten acubullo para sempre.
O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay pechou este pasado domingo a súa 13ª edición con 2.500 asistentes presenciais aos seus eventos e preto de 1.800 visualizacións en streaming, o que supón un seguimento total de máis de 4.250 persoas entre público presencial e comunidade dixital.
Webseries de Dinamarca ou Canadá e grandes nomes do podcast a nivel estatal, conviviron durante 4 días cos mellores creadores de contidos dixitais na nosa lingua, entre eles os premiados @miradenovo, @Antontísimo, o os creadores do futuro proxecto Crossbooking Castelao. Mirase así unha rápida panorámica ao que foi esta cita creada e coidada polo Concello de Carballo.
A co-directora do festival, Sonia Méndez, puxo o foco na solidez da programación audiovisual desta edición, destacando especialmente “a enorme calidade da Sección Oficial de series”, así como o valor engadido que supuxo contar este ano coa presenza en Carballo de moitos dos equipos das series seleccionadas, que puideron presentar os seus traballos e compartilos co público en coloquios presenciais. Pola súa banda, a co-directora Andrea Villa salientou a consolidación dos premios dedicados á creación dixital en galego, que nesta edición bateron o seu récord de participación con 34 proxectos presentados, e subliñou tamén a boa acollida dos shows, podcasts e encontros pensados específicamente para o festival, así como a implicación do público nos paneis e debates, convertidos en espazos de conversa activa e pensamento crítico.
Máis novas do Interplay
REPASO HISTÓRICO DO CARBALLO INTERPLAY
- 2025: Carballo, fervedoiro do talento dixital galego co Interplay
- 2024: O Carballo Interplay achégase a Carballo apostando polo talento galego
- 2023: O Carballo Interplay pechou a súa 10ª edición
- 2023: O Carballo Interplay arrincou con estreas e centra a segunda xornada no talento galego
- 2022: O “necesario” Carballo Interplay pechou a súa 9ª edición cunha boa “desfeita”
- 2022: O Carballo Interplay arrincou poñendo en valor o talento galego da rede.
- 2021: O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021.
- 2021: O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede.
- 2021: Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
- 2019: Paula Vázquez: O Interplay moi ben, pero falta Carballo
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.
- 2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
- 2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.