O Carballo Interplay arrincou poñendo en valor o talento galego da rede

Arrincou o Carballo Interplay, o meirande festival de contidos dixitais de Galicia e o pioneiro a nivel estatal. Entre este pasado mércores 6 e ata o sábado 9 de baril, concéntranse no Pazo da Cultura o talento máis vivo da rede galega.
O festival arrincaba da man da súa directora, Sonia Méndez, que agradecía á corporación municipal e á Agadic a súa aposta por esta cita e presentaba os contidos creados para continuar a serie #Dinosaurio creados no Taller Kamikaze.


O xoves é o día adicado ao talento galego. Facíao presentando Cacola, a webserie de David Fidalgo que o ano pasado gañaba premio ao mellor guión en galego.
A primeira mesa para gravar un novo episodio do @CaféDerby21, un dos podcast máis influíntes do país. Xentes como Ester Estévez, Berto, Paro Rúa e Olaxonmario falaron das súas creacións.
Para Esther Estévez (@esther_estevez_) é un orgullo que comparen a súa labor coa que soía ter o Xabarín Club 🐗💗
— Carballo Interplay (@InterplayFest) April 7, 2022
Podedes seguir a charleta aquí:https://t.co/aFg1eXkIlf
A tarde do xoves será para ver as primeiras proxeccións de webseries que participan no festival, ademais de facer un pitching dos proxectos de webseries en galego.

Ás 20:00h, o Mercado Municipal, con entradas esgotadas, servirá de escenario para gravar por primeira vez en directo dende Galicia un dos formatos estrela da versión dixital da TVE: Gen Playz.
A noite do xoves rematará coa Festa dos 10 anos de “Angélica e Roberta”, a webserie creada pola propia Sonia Méndez.
Venres PRO
O venres a programación profesional centrarase na creación do podcast, converténdose nun espazo de diálogo para fomentar alianzas entre creadoras/es, produtoras e plataformas de podcast galegas e estatais, co obxectivo de favorecer a creación de proxectos conxuntos.
Completan o programa do venres dous dos pratos fortes deste Carballo Interplay que volve a normalidad: o show que ofrecerán dúas das cómicas máis relevantes do panorama estatal actual -Ana Polo e Asaari Bibang- e a gravación en directo do podcast Tardeo, de Radio Primavera Sound, coa xornalista Andrea Gumes, que estará acompañada de Las Hijas de Felipe e Nerea Pérez de las Heras.
A ZONAPRO, a xornada profesional do 9º Carballo Interplay dividirase en dúas partes: dende as 10h ata as 16h30 haberá presentacións e debates e, a partir desa hora, establecerase un punto de encontro para que creadoras/es, empresas produtoras e plataformas de Galicia, de España e de Portugal contacten e intercambien ideas para posibles proxectos e colaboracións futuras.
Horarios
Xa contamos os días que faltan cos dedos dunha man! O #Interplay2022 xa está aquí ✨📢✨
— Carballo Interplay (@InterplayFest) April 1, 2022
🎟 https://t.co/ZdYV1uN6CP pic.twitter.com/NMAZRS2hUu
Novas do Carballo Interplay
- Interplay 2022: O talento galego e estatal da rede xúntanse no Carballo Interplay.
- Interplay 2022: O talento galego, de novo protagonista do Carballo Interplay.
- Interplay 2022: O podcast, protagonista da 9ª edición do Carballo Interplay.
- 2021: O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021.
- 2021: O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede.
- 2021: Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2020: 23.000 visualizacións demostran o potencial da rede do Carballo Interplay
- 2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
- 2019: Paula Vázquez: O Interplay moi ben, pero falta Carballo
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.