O Carballo Interplay arrincou con estreas e centra a segunda xornada no talento galego

Arrincou o Carballo Interplay 2023, o 10º aniversario deste festival de contidos dixitais que pon á capital bergantiñá no centro da creación vencellada á rede en toda España.

Comezou en clave educativa coa presentación proxecto de Dinoescolas e a estrea en exclusiva do show Dando a turra. Abría o telón a proxección das pezas da primeira edición de Dinoescolas, un proxecto pensado para fomentar a creación galega e en galego entre a mocidade galega. Foron seleccionadas seis creacións, do IES Máximo Romero de Lema, Val do Asma, A Cachada e a escola de Imaxe e son, e as gañadoras do certame foron Desconectados, Flipped Classroom
Despois das presentacións institucionais de Agadic, Deputación e Concello, daba comezo o primeiro show, a estrea en exclusiva de Dando a Turra. Este talk show feito á galega estará presentado por Belén Puime e Uxía Vazquez, con convidadas da talla de Miguel Canalejo, Hydn, Xulia Lomba e Eira. Nesta conversa entre amigas, os temas máis recurrentes foron as preocupacións polo futuro, a precariedade laboral e a importancia dos coidados.

Talento Galego
A xornada do venres pon o foco no talento galego con énfase nas webseries e nas redes sociais. A primeira hora, María Yáñez, gran coñecida do festival, fará un repaso da historia da internet galega en O outro lado da pantalla. Nesta actividade, falarase de como chegaron as primeiras conexións nos anos 90, como eran esas webs galegas primixenias e como se vivíu en Galicia a era das redes sociais.
Despois, teremos a segunda edición de Petiscos no Derby, a versión en directo do podcast Café Derby, dirixido por Carme D. Pol, Adrián Lede e Nico Carreira. Nesta ocasión, acompañaranos o mellor da internet galega, as tiktokers Sara Seco, Totakeki e Meryfos e Sara e Marcos, do proxecto Todo Mal.
Xa pola tarde, a partir das 17h00, comeza o turno das webseries, co primeiro bloque da Sección Oficial, Movidas Humanas. Neste bloque proxectaranse cinco series cuxas tramas van dende a vida de tres mozas universitarias en Santiago de Compostela ata as historias da xente que rodea o Muiño da Seca de Cambados, pasando pola frustración dun xornalista que se especializa en sacar trapos sucios de influencers. Este bloque conta cas series Chateau Laurier, Historias arredor da vida, Motherhoodland, Off The Record e Pringadas.
Ás 18h30 haberá bastantes nervios entre o público, xa que chega o turno do pitching de proxectos de serie web en galego. De entre os 18 proxectos enviados, seleccionaronse os catro mellores para que presenten a súa idea e defendan que a súa webserie merece gañar os 3.000 euros de orzamento que concede o Carballo Interplay e ser estreada en exclusiva no festival na edición do ano que ven. As catro series seleccionadas son Camping Gas: Os notas, Delirio sketchs, A chica que abortou e o contou e Comezar de cero. Boa sorte!
Media hora despois, chega o momento da estrea do proxecto gañador do ano pasado, a webserie Mentres non chova, creada por Carla Mojón, Luiza Velizarova e Xiana Rei. Esta producción fala dun presente distópico no rural galego no que un grupo de mozas intenta evitar que o cacique da súa vila constrúa unha cúpula xigantesca para que non chova nunca máis.
Xa pola noite, ás 23h00, nun ton moito máis informal, o Carballo Interplay proxecta un bloque de series moi especial e que non forma parte da sección oficial. Trátase dunha recompilación das webseries máis gamberras que se proxectaron nos dez anos de vida do festival. Unha ocasión perfecta para reivindicar a historia do Carballo Interplay nun entorno distinto, o Casino de Carballo, e celebrar ese dez anos de historia.
Todo isto é posible grazas ás axudas económicas da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
O PROGRAMA COMPLETO
Xoves 30
- 11h00. O outro lado da pantalla. Unha historia underground da internet galega, con María Yañez.
- 12h00. Petiscos no Derby con Carme D. Prol, Nico Carreira, Adrián Lede, Sara Seco, Carla e Marcos de Todo Mal, Meryfos e Totakeki
- 17h00. Sección Oficial. Bloque Movidas Humanas
- 18h30. Pitching proxectos webserie en galego
- 20h00. Estrea de ‘Mentres non chova’, gañadora do mellor proxecto de serie web no 2022
- 23h00. Sesión golfa: series máis gamberras da década do Interplay
Venres 8: Día PRO
- 11h00. Panel 1. Do podcast ao show. Con: Marta Salicrú (Radio Primavera Sound), Iago Regueiro (Etiqueta Negra), Tomàs Fuentes e Alba Riera
- 12h00. Panel 2. Novos xeitos de habitar a rede. Con: ACOUSA, Erika Irusta (Comunidad S1S4), Noelia Ramírez (SModa)
- 13h00. Panel 3. Unha década despois, como comunican as canles públicas? Con CRTVG e RTVE lab
- 13h30. CREA Feat Podgalego
- 16h00. Encontro Networking
- 17h00. Sección oficial: Bloque Movidas antes dos 30
- 18h30. Dentro podcast (Radio Primavera Sound) con Alba Riera e Conxxa Vitoy, Burnin’ Percebes e Estela Ortiz
- 20h00. Nacho Martín Project live, con El Hematocrítico, Noel Ceballos e Nus Cuevas
- 22h00. Rajando con… Laura Márquez e Tomàs Fuentes
Sábado 9
- 11h30. Amiga, yo te cuento, divulgación en internet con Culomala/Excómplice, Estela Ortiz, Proyecto Una
- 13h00. Sesión vermú con Marta Salicrú
- 17h30. Sección oficial: bloque de series Movidas Despois Dos 30
- 19h00. CFA con Teresa Segura e David Sainz: “Tal para mal”
- 21h00. Entrega de premios: “Calquera tempo pasado foi anterior”
- 00h00. O fantástico bingo, con Burnin’ Percebes
Novas deste Interplay
- O Carballo Interplay escolle 16 das 200 webseries propostas para competir no certame.
- O Interplay vai debullando o programa de talleres e shows do seu 10º aniversario.
- 2023: O Carballo Interplay cumpre 10 años poñendo en valor o talento galego na rede.
Repaso histórico DO CARBALLO INTERPLAY
- 2022: O “necesario” Carballo Interplay pechou a súa 9ª edición cunha boa “desfeita”
- 2022: O Carballo Interplay arrincou poñendo en valor o talento galego da rede.
- 2021: O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021.
- 2021: O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede.
- 2021: Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
- 2019: Paula Vázquez: O Interplay moi ben, pero falta Carballo
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.
- 2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
- 2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.