A participación veciñal, fundamental na redacción da estratexia de mellora do espazo público de Carballo
07:13 26/01/19
- Xaneiro 2018: Carballo, o único Concello que utiliza a palabra sostibilidade.
- Setembro 2017: Os veciños de Carballo repensan a estratexia de mobilidade.
Ter un documento de estratexia de mellora do espazo público, de mobilidade, de fomento do uso da bici… xa é todo un paso para un Concello na Costa da Morte. Pero que ademais conte coa cidadanía para a súa redacción parece extraído dun conto futurista. Pero non, acontece en Carballo, estes días, e sen a implicación veciñal nin a exposición mediática que merece un proxecto así.
Esta semana o Concello presentaba en sociedade un documento que sae tras ano e medio de procedemento, e despois do mes de exposición pública da “Estratexia de mellora e xestión do espazo público”. O seu proceso de elaboración ten contado absolutamente a participación veciñal, e o documento final “ vai servir de guía á hora de deseñar a cidade que queremos”, como sinalou a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes.
Pouca xente para a reunión aberta ca cidadanía na Biblioteca Rego da Balsa, celebrada esta pasada semana. Pero en todo caso, cómpre destacar a presencia de moitos veciños e veciñas a título individual e tamén en representación de diferentes colectivos, que puideron expresar o seu parecer e que presentaron as súas suxestións e achegas.
O Concello xa permite descargar o borrador da Estratexia, e estas son algunhas ideas que se van intentar ir implementando en 2, 4 ou 8 anos:
- Programa de mellora dos modos non motorizados mediante accións coma a homoxeneización da rede de itinerarios ciclistas ou a creación dunha rede de itinerarios peonís.
- Accesibilidade e espazo público, a través da unificación dos pavimentos táctiles nas rúas, por exemplo.
- Programa de control e ordenación do tráfico e estrutura da rede viaria, no que figuran aspectos coma a xerarquía das rúas, a ordenanza de circulación (tamén en fase de aprobación), o acougado do tráfico ou a ordenación dos accesos aos centros educativos.
- Programa de distribución urbana de mercadorías, que inclúe, xunto a outras actuacións, a prolongación da rúa Vila de Negreira ata Bértoa, que conta cun apartado específico debido á súa importancia para a ordenación futura do tráfico.
- Fomento do transporte público, con medidas consensuadas coa Administración competente para poder utilizar no casco urbano as distintas liñas de transporte regular ou escolar, entre outras medidas.
- Regulación do estacionamento con mellor sinalización ou a creación de aparcadoiros de proximidade.
- Programa de seguridade viaria.
- Programa de mellora da calidade ambiental e aforro enerxético.
- Programa de promoción de boas prácticas en mobilidade.
O documento analiza a necesidade de seguir apostando pola unificación dos carrís bicis de carballo