Abril, mes da Danza na Costa da Morte

Está de moda a danza na Costa da Morte neste mes de abril. Temos visto a Noelia Tajes, de raíces camariñás, desenvolver a súa arte en Suiza diante de ducias de emigrantes costeiros; en Zas arrincaron os obradoiros do proxecto Escora; e mentres, Carballo prepárase para un novo programa, e xa van 22 anos, do Primavera enDanza.
Un programa de danza que coloca a Carballo como epicentro desta arte en Galicia, pois é máis lonxevo da comunidade autónoma. 5 compañías pasarán polo auditorio do Pazo da Cultura entre o 12 e o 30 de abril: Paula Quintas, bailarina e creadora, e Jaime Pablo Díaz, director da Nova Galega de Danza.
A fartura creativa que caracteriza a nosa comunidade autónoma volve a quedar de manifesto a través desas tres propostas da danza galega, representada por Marcia Vázquez, Paula Quintas e Nova Galega de Danza. Folclore, tradición, videocreación, novas tecnoloxías e teatro conflúen co movemento e a danza para ofrecernos este interesantísimo programa, no que tamén teñen cabida os peques da casa:
- Venres 12 de abril | 21.00 h | Marcia Vázquez (Galicia) Vaivén.
- Sábado 13 de abril | 20.30 h | Paula Quintas (Galicia) Multiperspectivas#2.
- Sábado 20 de abril | 20.30 h | Nova Galega de Danza (Galicia) Berro.
- Domingo 21 de abril | 18.00 h | La coja dansa (Valencia) El cuento de Persépolis.
- Venres 26 de abril | 21.00 h | Miguel Barrero y la pequeña Victoria Cen (Valencia e Castela e León) Disculpa si te presento como que no te conozco.
- Martes 30 de abril | 21.00 h | Led Silhouette (Navarra) Los perros
Entradas á venda en billeteira.carballo.gal