Adxudicadas as máis necesarias obras do auditorio do IES Alfredo Brañas

A Xunta vén de anunciar que esta semana se adxudicaron, á empresa Osega XXV, as obras de mellora do salón de actos do instituto Alfredo Brañas de Carballo. A Xunta anunciara o investimento o pasado mes de outubro, despois de 2 anos de ter que estar pechado polo seu deplorable estado, e de numerosas queixas vertidas no Parlamento polo grupo do BNG.
A obra conta cun orzamento de 268.000€, o que supera en 120.000€ a valoración técnica inicial e o prazo de execución será de 2 meses e medio, asegurando que estará lista para o vindeiro curso.
Realizarán a instalación de apliques e luminarias para unha nova iluminación LED, a modificación das instalacións de electricidade, a preinstalación de nova megafonía, o pintado e revestimento de paredes e actuacións sobre o teito, cunha rede de protección baixo forxado de
bovedilla. A actuación implicará desmontar as butacas, a luminaria e o falso teito como paso previo.
Obras no CEIP de Nétoma-Razo
O anunciou realizou durante a visita do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou CEIP de Nétoma-Razo para anunciar un investimento de máis de 197.000 euros para levar a cabo a reforma da cuberta.
A obra prevista consistirá na substitución da cuberta existente por outra de paneis sándwich de chapa de aceiro galvanizado o que permitirá aumentar así o illamento térmico da envolvente do edificio, mellorando a impermeabilidade da cuberta e a seguridade do edificio.
Novas relacionadas
- Outubro 22: O Salón de Actos do IES Alfredo Brañas será remodelado para o inicio do curso 23-24
- Outubro 22: Volven a levar o lamentable estado do auditorio do IES Alfredo Brañas.
- Abril 22: A Xunta compromete 230.000 para a reforma do Salón de Actos do IES Alfredo Brañas.
- Marzo 22: A Xunta arranxará o salón de actos do IES Alfredo Brañas “cando haxa dispoñibilidade orzamentaria”.
- Novembro 21: O BNG carballés esixe actuacións urxentes no esfolado Salón de Actos do IES Alfredo Brañas.