Mércores. 24.04.2024
El tiempo

APTCM arrincou a serie de reunións comarcais para presentar o seu proxecto ao tecido empresarial

Xunta Directiva de Aptcm no Forum Carballo
A Xunta Directiva de APTCM no Forum Carballo
APTCM arrincou a serie de reunións comarcais para presentar o seu proxecto ao tecido empresarial

Arrrincou a primeira das 3 reunións comarcais que APTCM ten programadas para esta semana. A Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte celebrou este martes no Forum Carmabllo unha xuntanza á que invitou a todos @s empresari@s do Turismo de todo o xeodestino Costa da Morte, para presentarlle o proxecto da actual directiva e así ir sumando socios para a causa.

Ademais de numeros@s empresari@s da zona tamén acodiron a chamada representantes de todos os grpos políticos, aos que a directiva solicitou colaboración para incentivar a participación do tecido empresarial.

Forum Carballo asistentes aptcm
Asistentes

Hoxe mércores, 1 de marzo, ás 18:00h a cita será en Vimianzo na casa da cultura para todo o empresariado da comarca de Soneira.

E o xoves, 2 de marzo, tamén ás 18:00h, en Cee, tamén na casa da Cultura, para a xente da comarca de Fisterra.

As citas serven para rasladarlle a filosofía que defendemos dende a directiva de APTCM: “unión e profesionalización”. E para presentar os avances que levamos feitos desde que asumiramos este reto no mes de xullo de 2022.

Outras novas sobre turismo

Comentarios