Venres. 26.04.2024
El tiempo

Compartindo a nosa senlleira natureza polo día da Árbore

Adisbisbur e alumnado do CEIP Ramon Artaza prantando carballos
Adisbisbur e alumnado do CEIP Ramon Artaza disfrutando no monte do Día da Árbore
Compartindo a nosa senlleira natureza polo día da Árbore

Se por Louro tiveron que poñerse de luto, por Muros e por Carballo puideron disfrutar dun Día da Árbore moi especial. Sobre todo as crianzas.

En Muros, o alumnado de 5" de primaria do CEIP Ramon de Artaza uniuse á familia da Asociacion de Discapacitados da Bisbarra de Muros para celebrar este Dia Mundial Forestal, cunha saída para prantar uns carballos. Gracias á colaboración da Comunidade de Montes de Serres puideron achegarse ao Mirador de Costa Grande para levar a cabo a actividade, tamén coa colaboración do persoal do Distrito Quinto.

Toda unha maneira de vivir o monte de primeira man.

Prantando carballos polo Dia da Arbore

Día da Árbore en Carballo

Dia da Arbore no carballo Senlleiro de Vilar de Francos

Ademais, por Artes, Carballo, 10 pequechos da escola unitaria participaron na declaración institucional para conmemorar a data que o Concello fixo no carballo de Vilar de Francos, o únixo exemplar pertencente ao Catáligo de Árbores Senlleiras de toda a Costa da Morte.

Algúns non o coñecían e asombráronse da envergadura da árbore, que, malia o seu mal estado, continúa sendo un exemplar impresionante.

As actividades do Día da Árbore continuarán este sábado ás 11.00 horas no Horto Infantil Ecolóxico Municipal, onde os nenos e nenas que participaron o ano pasado na xornada de apadriñamento e amadriñamento de landras poderán velas convertidas xa en carballos.

Dia da Arbore Carballo

Luces verdes en Ponteceso

A Concellaría de Medio Ambiente está a celebrar o Día da Árbore con distintas iniciativas. Entre elas destaca a iluminación da ponte de Ponteceso, que dende a noite pasada, ademais da cor morada que lembra a loita diaria pola igualdade entre mulleres e homes, ten tamén varios arcos iluminados de cor verde.

A este xesto simbólico súmanse novas plantacións de árbores, arbustos e flores, dentro dun proxecto que nestes últimos anos, e malia os roubos e os actos vandálicos, permitiu incrementar en máis de 250 os exemplares arbóreos en todo o concello. Onte realizaron varias prantacións en Corme.

A ponte de Ponteceso de verde polo Dia da Arbore

Novas relacionadas

Comentarios