Sábado. 18.09.2021
El tiempo

O Campamento Kamikaze fai de Carballo un escenario fetén

Campamento Kamikaze Carballo 2021-Foto-Leticia T Blanco
Fotos-Leticia T. Blanco
O Campamento Kamikaze fai de Carballo un escenario fetén
O vindeiro mércores comezan as sesións do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Pero as actividades paralelas xa comezaron. Como o singular Obradoiro Kamikaze, que estivo a pleno rendemento durante toda esta semana da man de 6 [email protected] e 12 [email protected]

Durante a semana saíron 3 pezas, gravadas por Aarón Vilariño, coa actuación de Pedro Brandariz, Manuela Varela e María Alkayali. 3 pezas que sitúan Carballo nunha situación autenticamente post-apocalíptica, rodades por Baldaio, no Forum, ou no Pazo da Cultura. As 3 pezas chámanse “Influenza”, un plano secuencia dirixido por Paula Pereira; “Unha viaxe da hostia”, un thriller psicolóxico de Belén Puime Bao; e “Lusquefusque”, unha videocreación de Jorge Lama Varela.

CIP21_Kamikaze_01_Leticia T. Blanco_LQCampamento Kamikaze Carballo 2021Campamento Kamikaze Carballo 2021

A presentación das pezas será a presentación do Interplay este viundeiro mércores. E precisamente o mércores poderase realizar a estrea mundial dos dous "Dinosaurios" ideadoeditados por unha ducia de estudantes e de profesionais do sector audiovisual galego coa que arrincará a 8ª edición do Festival de Contidos Dixitais. Como todas as actividades do Interplay, esta estrea será presencial e gratuíta, previa reserva de entradas na web do festival. A maioría das actividades poderán verse, tamén, en Youtube, Facebook e Twitch, vía streaming.

Novas relacionadas

comentarios