Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cances celebra unha fin de seman de rock carballés e castañas

Live in Cances 2022
Cances celebra unha fin de seman de rock carballés e castañas

Completa a fin de semana que prepara a Asociación Cultural San Campio de Cances. Este venres 11 celébrase o magnífico Festival Pop-rock “Live in Cances”, que xa vai pola 16ª edición. Unha cita para nas que as bandas locais, neste caso como “Tu futura exmujer”, adoitan ser protagonistas.
Ademais, este ano acompañarán no escenario os coruñeses Doctor Snob, que levan décadas facendo un auténtico R&R español oitentero de colleita propia.
A cita será a partir das 21:30h no Local Social.

A fin de semana complétase o sábado 12, a partir das 20:00h, tamén no Local Social, cun Magosto popular, amenizado polo teatro de Vagalume e a música de Mar de Caión, unha cita para toda a familia.

Comentarios