Carballo acolle a Gala dos Premios Youtubeiras 2022
- Cristina Collazo conducirá o evento, que se desnvolve este sábado ás 20.00 horas no Pazo da Cultura de Carballo

Este sábado 28 de xaneiro ás 20:00h, o Pazo da Cultura de Carballo, como no Interplay, volverá ser o centro da rede galega, coa celebración da Gala dos Premios Youtubeiras 2022. Un proxecto para fomentar a creación audiovisual na nosa lingua, iniciado hai 6 anos do que forman parte os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo, e, por suposto, Carballo, ademais das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Un total de 22 propostas finalistas (das 75 presentadas) aspiran a facerse cos oito galardóns nos que se divide o certame: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público. Repartiranse 7500 euros entre as persoas gañadoras.
“Para Carballo é unha gran satisfacción celebrar esta gala, xa que os Premios Youtubeiras son unha iniciativa que fomenta o uso da nosa lingua nunha xanela fundamental para comunicarnos, para mirarnos e para mirar o futuro: a creación de contidos na Rede”, sinalou Marcos Trigo.
Trigo tamén puxo en valor “a colaboración institucional entre diversas administracións” na creación, organización e desenvolvemento do proxecto Youtubeiras.
Carme Pereiro deu cifras concretas da pasada edición, sinalando que as propostas presentadas abarcaban “2.600 vídeos, máis de 40.000 subscricións e máis de 2.743.000 visualizacións”. “Son números que dan boa conta do volume que acada a comunidade creadora de contidos da nosa lingua na Rede. Unha comunidade que nos enche de confianza no futuro e tamén de orgullo, de fachenda".
Relación de finalistas por categorías
Entre os finalistas atopamos á parella de costeiros Toxío, coa súa proposta de viaxes polo mundo, como candidatos ao premio principal.
1. PREMIO CANLE
2. PREMIO YOUTUBEIRA
3. PREMIO VÍDEO
- ‘A Moura’, da canle Contos de Santalla
- ‘Bury your gays (Enterra aos teus homosexuais)’, de Henfunk Studio
- ‘Eduardita’, de Piratas sen parche
4.YOUTUBEIRA/O REVELACIÓN
5. PREMIO CALIDADE LINGÜÍSTICA
7. PREMIO PIONEIRO
7 PREMIO REDES:
8. PREMIO DO PÚBLICO
- ‘Bembibre coas Tanxugueiras’, de Xabi Gómez e Sara
- ‘Mitos e ritos do tempo de Defuntos. Conversa con Lidia Mariño’, de Orgullo Galego
- ‘Eduardita’, de Piratas sen parche