Xa hai data para a 10ª edición do Carballo Interplay

08:31 02/08/22
10 anos vai cumplir o festival de contidos dixitais máis lonxevo de toda España. O Carballo Interplay xa ten as datas oficiais para a súa décima edición, que terá lugar os días 29, 30, 31 de marzo e 1 abril de 2023. Continúa así unha aventura dixital que comezaba en 2013, da man de Sonia Méndez e un amplo equipo de traballadoras especializadas en contidos audiovisuais de actualidade.
O Carballo Interplay achega ano tras ano á vila de Carballo eventos, proxeccións, charlas, talleres e mesas redondas cos profesionais máis reputados de cada ámbito.
Na súa última edición, o Carballo Interplay contou con iconos da cultura popular dixital galega e española coma Inés Hernand, Nerea Pérez de las Heras, Elizabeth Duval, Ana Polo, Andrea Gumes, Esther Estévez, Berto, ou Pablo Meixe.
Así foi a edición deste ano:
NOVAS DO CARBALLO INTERPLAY
- Interplay 22: O “necesario” Carballo Interplay pechou a súa 9ª edición cunha boa “desfeita”
- Interplay 22: O Carballo Interplay pecha a 9ª edición recoñecendo o valor do activismo na redes.
- Interplay 22: O Carballo Interplay arrincou poñendo en valor o talento galego da rede.
- 2021: O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021.
- 2021: O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede.
- 2021: Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2020: 23.000 visualizacións demostran o potencial da rede do Carballo Interplay
- 2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
- 2019: Paula Vázquez: O Interplay moi ben, pero falta Carballo
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.