Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo agasállase a si mesmo

Colas no Museo Bergantinos para coller as  tarxetas_premios
Colas no Museo Bergantiños para coller os premios directos e as tarxetas do sorteo
Carballo agasállase a si mesmo

Moi boa a acollida da veciñanza durante este Nadal á campaña de promoción do comercio local “Agasalla Carballo”, superando con creces as mellores cifras das edicións anteriores. Unha media de 200 persoas pasa cada día polo Museo de Bergantiños para recoller os agasallos por comprar nos máis de 100 comercios participantes.

Ademais, a zona de ocio infantil instalada na planta alta do Mercado Municipal (piscina de bolas, rocódromo inchable, obradoiros de espumas, vehículos a pedais e moitos máis xogos e obradoiros) estivo abarrotada de nen@s, o que dá conta da cantidade de familias que compraron na zona.

Agora toca esperar o sorteo dos premios, que terá lugar o sábado 11 de xaneiro de 2020 ás 12 horas. Para os sorteos hai que presentar a tarxeta, tamén no Museo, e cubrir un boleto cos datos persoais e depositalo nunha urna. Hai en xogo 10 tablets e unha viaxe a Parque Warner e a Port Aventura.

Comentarios