Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Carballo crea o seu xardín comestible

Carballo crea o seu xardín comestible
Mais de cen rapaces e rapazas das escolas de veran Xiria colaboran na posta en marcha deste xardin comestible Máis de cen rapaces e rapazas das escolas de verán Xiria colaboran na posta en marcha deste xardín comestible "Trátase dunha iniciativa pioneira na contorna cuxo obxectivo é o de crear un pequeno horto urbano no que cultivar alimentos, non só para que os nenos e nenas se familiaricen co proceso de produción dos froitos da horta, senón tamén para favorecer que toda a cidadanía se achegue á alimentación sa e á produción ecolóxica" explica Luís Lamas, concelleiro de Obras e Servizos de Carballo. No proxecto do Xardín Comestible que se está a construir na contorna do parque do Chorís participan o concello de Carballo e as escolas de verán de Balonmán Xiria. Máis de cen rapaces e rapazas das Escolas de Véran Xiria, repartidos en tres quendas, son os que están colaborando na posta en marcha deste Xardín Comestible, no que están plantando repolo, coliflor, cenorias, porro, rabanitos, espinacas, perixel, clavelón ou caléndula. Dende Xiria, José Antonio Rodríguez Fraga sinala que, ademais de actividades deportivas, nas Escolas de Verán tamén se pretende "concienciar sobre a importancia do coidado do medio ambiente" e, este ano a través desta proposta "da importancia da alimentación sa". Futuro horto urbano Os pequenos bancais estan situados na contorna do parque do Choris Os pequenos bancais están situados na contorna do parque do Chorís Os pequenos bancais que están situados no parque do Chorís constitúen un primeiro paso cara á posible creación no futuro de hortos urbanos. Mentres duren as escolas de berán serán os nenos e nenas os encargados da plantación e cultivo do Xardín Comestible, mais no futuro buscarase a colaboración de entidades como Apem - asociación Pro Enfermos Mentais -, que xa ten colaborado noutros proxectos municipais, como o Horto Infantil Ecolóxico; e tamén do CEIP Fogar, para que os nenos e nenas do centro colaboren no mantemento e na recolleira dos froitos durante o curso. Estas colaboracións non están aínda confirmadas, non obstante, o concello confía en que o colexio e Apem se sumen a esta iniciativa, como xa teñen feito con outras anteriormente. Novas relacionadas Fonte

Comentarios