Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo disfrutará, por fin, dos concertos do Orballo Cultural

Orballo Cultural Cartel Carballo Setembro
Carballo disfrutará, por fin, dos concertos do Orballo Cultural

Despois de ter que ser adiados no mes de xuño debido ás malas condicións climatolóxicas, os concertos que Orballo Cultural tiña preparados no Forum de Carballo se levarán a cabo esta fin de semana, cun cartel que ofrece música dende venres a domingo.

Os primeiros en tocar serán Russinha e SÉS, que comezarán a partir das 18:30 cunha hora e cuarto de actuación para cada unha. O sábado, a partir das 18:00, será a quenda de Maikel Dj Set, noso picadiscos, e Verto, cos que falabamos hai un mes; e o domingo actuarán Sheila Patricia e Tanxugueiras, desta vez en horario de mediodía, a partir da 13:00.

En canto ás entradas, como en outras ocasións similares, se ofrece a posibilidade de reembolso para todo aquel que collese a entrada de xuño e agora non poida acudir, aínda que o máis lóxico é aproveitala tras un verán no que a quinta onda da pandemia nos privou da mellor música en vivo.

Ademais, na páxina web www.orballocultural.gal pode consultar as entradas disponibles.

Comentarios