Carballo presume de graffitis polo Día do Peón
12:32 18/08/20
Quixo celebrar o Día do Peón o Concello de Carballo. E fíxoo cunha ruta guiada polos murais dos pioneiros proxectos Rexerera Fest e Derrubando Muros con Pintura.
Foron dous grupos de 10 persoas, chegadas de puntos como Lugo ou A Laracha, e mesmo veciños da propia localidade carballesa que quixeron entender mellor como se forxou este museo a ceo aberto, os que participaron no percorrido na contorna do Fórum Carballo.
O servizo de visitas guiadas segue aberto, e para solicitalo podes cubrir un formulario, chamar ao 981 702 077 ou escribir a [email protected].
Segue medrando así a febre do mural, do graffiti, pola comarcal. Unha febre que Carballo está estendendo por Corcubión, Corme, Vimianzo, Cee, Camariñas ou Baio.