Carballo artella novas actividades arredor da revolución do surf

Se estes días se desenvolve a fermosa iniciativa Aprende a través do surfing por Caión, o mundo das ondas tamén se espalla por Carballo.
Abrindo as celebracións do Día Internacional do Surf, que se celebra o 15 de xuño, o Concello carballés e a Asociación Un paso máis organizan para este venres unha fermosa actividade de deporte adaptado. Un total de 650 nen@s gozan esta semana de novas actividades enmarcadas no proxecto Rede de Pobos do Surf,
265 estudantes de secundaria dos IES Monte Neme, Alfredo Brañas e Parga Pondal, están estes días participando en divertidas actividades destinadas a espallar os valores terapéutico, igualitario, inclusivo, ecolóxico e patrimonial do surf. Da man das escolas de Razo, Boaola, Art Surfcamp e Paua, que se estreará mañá coa xornada de surf adaptado.
Rede de Pobos do Surf

A iniciativa recolle a creación de novos produtos turísticos ligados a actividades sostibles tematizadas (surf e patrimonio cultural, surf e lecer en familia, e surf e gastronomía), tendentes á desestacionalización do turismo nos respectivos territorios.