Carballo invita a participar na campaña contra a velutina

Presentaba onte o Concello de Carballo o comezo da nova campaña de trampeo contra a avespa velutina. Dende 2017 o Concello carballés é pioneiro na creación en 2017 dun Servizo Municipal de Control de Pragas, no que ademais da empresa, está implicado unha boa cantidade de veciños e apicultores. O ano pasado participaron na campaña 245 persoas e colocáronse un total de 1.519 trampas, o que permitiu chegar a unha cifra récord de 32.486 avespas capturadas, máis do dobre que o ano anterior.
Este ano queren que haia máis trampas, por iso invitan a todo o mundo a participar. As persoas interesadas poden cubrir o cuestionario que atoparán ao final desta nova ou achegarse ata a oficina da empresa concesionaria do Servizo Municipal de Control de Pragas, Plaguiber, na rúa Brasil número 27.
Haberá ademais formacións específicas de fabricación de trampas, nos centros sociais de Sofán, Rus, Lema, Cances e Escola de Arrabaldes, no barrio urbano da Milagrosa.
Lembran que agora os avisos dos niños que poidan ir aparecendo deben tramitarse a través do teléfono da Xunta de Galicia 012.
Cabana
O Concello de Cabana comezará a súa campaña de trampeo de velutinas o vindeiro 16 de marzo. Repartiranse un total de 180 trampas e líquido atraente entre a veciñanza que así o solicite tanto na Casa do Concello como na páxina web municipal.. Colocaranse outros 80 dispositivos de captura en diferentes lugares públicos como colexios, xardíns, igrexas ou o paseo marítimo.
NOVAS RELACIONADAS
- 2022: A Laracha comeza unha nova campaña de trampeo contra a velutina.
- Xullo 21: Máis de 20.000 raíñas de velutina capturadas entre Camariñas e Zas.
- Xullo 21: Carballo remata a campaña de trampeo de velutina multiplicando por 3 as capturas de raíñas do ano pasado.
- Maio 21: Multiplícanse por 4 as capturas de velutina.
- Xuño 2020: Remata a temporada de trampeo, toca loitar contra os niños.
- Xuño 2020: Ratifican o aumento da presencia de Avespa velutina.
- Maio 2020: As campañas de trampeo demostran a expansión da avespa velutina.
- Pedro: “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.