Multiplícanse por 4 as capturas de velutina

Van dous meses de campaña contra a avespa velutina por parte da concesionaria Servizo Municipal de Control de Pragas no Concello de Carballo. E as cifras demostran un gran aumento da incedencia, chegándose a multiplicar por 4 o número de capturas de raíñas. Van 18.611 nestes dous meses (14.782 durante o mes de abril) aumentando nun 379% as cifras do mes de marzo, e un 200% con respecto ás capturadas no mes de abril do ano pasado.
Todo gracias ao exército de 245 voluntari@s que colaboran na loita, que teñen colocadas 1.406 trampas distribuídas polas 18 parroquias, ás que se suman moitas outras de fabricación caseira.
Lembran a importancia desta campaña de primavera para capturar raíñas e evitar que formen niños. A campaña segue aberta á quen queira colaborar.
Novas relacionadas
- Abril 21: Zas captura 850 raíñas de vespa velutina en só quince días.
- Abril 2021: A campaña carballesa contra a velutina, exemplo a nivel estatal.
- Abril 2021: Cabana e Camariñas vólcanse contra a velutina
- Marzo 2021: Zas tamén comeza a campaña de trampeo contra a velutina.
- Marzo 2021: Laracha tamén comeza unha campaña de trampeo contra a avespa velutina.
- Marzo 2021: Comeza a campaña de trampeo contra a velutina en Cabana.
- Marzo 2021: Carballo abre unha nova campaña contra a avespa velutina.
- Xuño 2020: Remata a temporada de trampeo, toca loitar contra os niños.
- Xuño 2020: Ratifican o aumento da presencia de Avespa velutina.
- Maio 2020: As campañas de trampeo demostran a expansión da avespa velutina.