Carballo remata a campaña de trampeo de velutina multiplicando por 3 as capturas de raíñas do ano pasado

Continúa medrando o impacto da avespa velutina na nosa zona. Así o refrendan os datos do pioneiro Servizo Municipal de Control de Pragas de Carballo. A empresa concesionaria contabilizou 32.486 raíñas de avespa asiática capturadas nos meses de marzo a maio, sendo un total de 13.826 só no último mes, case tantas como en toda a campaña do 2020.
Ademais do aumento da sñúa presencia, colabora a que as cifras sexan moito maiores as 245 persoas (moitas delas apicultor@s) que se sumaron á causa, e que colocaron 1.519 trampas facilitadas polo Concello de Carballo, que se suman a moitas outras de fabricación caseira coas que moitas persoas a título particular se unen tamén á causa.
Agora, unha vez superada esta fase, que evita a creación de niños secundarios, toca controlar a aparición dos mesmos, polo que se vedes algún avisade ao 112.
En Cabana
A campaña de trampeo contra a avespa velutina do Concello de Cabana remata cun total de case 16.000 raíñas capturadas en tres meses. A Policía Local realizou o último reconto dos insectos que caeron nas 230 trampas instaladas en zonas públicas e domicilios particulares.
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 21: Multiplícanse por 4 as capturas de velutina.
- Abril 21: Zas captura 850 raíñas de vespa velutina en só quince días.
- Abril 2021: A campaña carballesa contra a velutina, exemplo a nivel estatal.
- Abril 2021: Cabana e Camariñas vólcanse contra a velutina
- Marzo 2021: Zas tamén comeza a campaña de trampeo contra a velutina.
- Marzo 2021: Laracha tamén comeza unha campaña de trampeo contra a avespa velutina.
- Marzo 2021: Comeza a campaña de trampeo contra a velutina en Cabana.
- Marzo 2021: Carballo abre unha nova campaña contra a avespa velutina.
- Xuño 2020: Remata a temporada de trampeo, toca loitar contra os niños.
- Xuño 2020: Ratifican o aumento da presencia de Avespa velutina.
- Maio 2020: As campañas de trampeo demostran a expansión da avespa velutina.
- Pedro: “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.