Carballo lembra a figura de Carvalho Calero

09:28 25/03/22
O venres, día 25 de marzo, ás 19:30 h., terá lugar no espazo de Espiral Maior Foro de Carballo un acto conmemorativo para celebrar os 50 anos da creación da Cátedra de Lingua e Literatura Galega de Ricardo Carvalho Calero na Universidade de Santiago.
O acto desenvolverase arredor do libro “Carvalho Calero. Alustres de vida e obra”, do filósofo, catedrático e escritor Luís G. Soto e da profesora, escritora e discípula de Carvalho Calero, Tareixa Roca.
Participará igualmente na “mesa redonda” de homenaxe ao polígrafo ferrolán o profesor, filólogo, investigador e cineasta Manuel Castelao, tamén discípulo de Carvalho Calero.
Novas relacionadas
- O Espiral Maior Foro convírtese tamén nunha Galería de Arte
- Diana Varela estrea os “Sábados Literarios” de Espiral Maior Foro.
- Espiral Maior Foro pon en marcha un "Clube de Lectura”.
- Miguel Anxo Fernán Vello impartirá un curso de poesía no Espiral Maior Foro.