venres. 16.05.2025
El tiempo

Carballo recibe máis de 900.000 euros para financiar obras de carácter social

Carballo recibe máis de 900.000 euros para financiar obras de carácter social
Xose Regueira e Evencio Ferrero presentaron os investimentos que van acometer na ultima fase do PAS da Deputacion da Coruna Xosé Regueira e Evencio Ferrero presentaron os investimentos que van acometer na última fase do PAS da Deputación da Coruña O concello de Carballo é un dos organismos municipais da Costa da Morte máis beneficiados da última fase do Plan de Acción Social  -PAS -  que aprobou o pasado mércores o pleno da Deputación da Coruña. En total, recibirá un investimento superior aos 900.000 euros que, sumados ao importe doutras actuacións do organismo provincial no municipio, superan o millón de euros. As melloras incluídas no PAS son a mellora da accesibilidade ao Pazo da Cultura por 36.315,78 euros; a mellora do céspede artificial e equipamento do complexo deportivo As Eiroas por 517.046,84 -hai que lembrar que xa está en marcha o proceso de adxudicación das obras ao que concorreron arredor de 20 empresas-; mellora da accesibilidade no barrio das Flores por 261.057,35 euros; e por último, eliminación de barreiras arquitéctonicas na rúa Xúpiter por 102.830,69. O total ascende a 917.250,66 euros, aos que hai que sumar un investimento de 117.000 euros para emprender a mellora de zonas verdes e áreas de estacionamento no parque empresarial de Bértoa. O concello responde así a unha petición por parte dos empresarios do polígono, que solicitaron a execución deste proxecto. Tamén hai que incluír unha achega de 20.000 euros para o financiamento da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD). O total supera o millón de euros, o que, segundo o concelleiro de Promoción Económica e Deputado Provincial, Xosé Regueira, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, é unha moi boa nova para Carballo "xa que as achegas para o Concello están sendo moito máis contiosas que nos catro anos anteriores", sinalan, ao igual que ocorre con outros concellos da contorna, como o veciño da Laracha. Investimento sostible O PAS foi o primeiro dos plans impulsados polo actual executivo provincial e vai destinado a colaborar cos municipios no financiamento de investimentos financeiramente sostibles que teñan, na súa maior parte, un carácter social relevante. Coa aprobación desta última fase, o PAS completa investimentos por importe de 33 millóns de euros nos 93 concellos coruñeses, que van supor a realización de 389 obras en toda a provincia. Son os propios concellos os que deciden o destino do investimento provincial en función da asignación que lles corresponde e das súas necesidades e prioridades.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Deputación da Coruña

Comentarios