martes. 12.11.2024
El tiempo

A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay

Carballo Interplay Ganadoras 2020
Válidas, Cacola, Pikuak, Os 20 do XX e Subsolo, algunhas das webseries gañadoras deste Carballo Interplay 2020
A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay

Rematou a sétima edición Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, a versión dixital desta cita que segue convertindo Carballo na capital da creacion na rede estatal. Fíxoo tras varios días de streamings de todo tipo, a través de Facebook, Youtube e Twich, con encontros dirixido por María Yáñez, charlas, proxeccións, emisións piratas, sesións formativas… que foron seguidos por milleiros de persoas de todo o planeta.

Ata a gran cita do sábado, a Gala de Clausura, precedida do divertido encontro con Verto, e con Xosé Barato aos mandos da nave que comanda Sonia Méndez.

Se ben o universo Interplay é moi diverso, as webseries son o fío condutor. Durante o xoves e venres as grandes protagonistas foron Xan e Amnesia 3.0 as webseries que o ano pasado gañaron o premio ao mellor proxecto en galego, e que este ano se estrearon só para os que estiveron atentos ao directo. Son dúas propostas diferentes: Xan, de Lucía Estévez e Miguel Canalejo, é máis unha comedia moi intensa nas emocións; mentres Amnesia, de Irene Pin, a primeira webserie interactiva en galego, é todo un foco de tensión, que mestura con gusto o máis enxebre co futuro ao estilo #BlackMirror. Tocará esperar a que as estreen nas súas canles.

Os Premios

As grandes protagonistas deste festival acaban sendo Victoria Martín e Carolina Iglesias. Ademais da proxección dun episodio do seu podcast Estirancho Chicle, as @livingpostureo e @percebesygrelos levaron o Premio á Mellor Serie e o Premio do Público con “Válidas”, unha divertida sátira de si mesmas, dirixida por Nacho Pérez Pardo.

A aposta polo galego

Unha das cousas que máis nos congratula deste festival é a súa aposta pola creación de material audiovisual en Galego, dando ademais dous premios ás producións na nosa lingua:

  • David Fidalgo conseguiu o premio ao mellor proxecto de webserie en galego coa serie de animación 2D dixital Cacola, que estreará no Carballo Interplay 2021 gracias ao premio de 3000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos.
  • Antón Varela gañou o Premio de Mellor serie en versión orixinal en galego coa animación divulgativa “Os 20 do XX”, dotado con 800 euros e trofeo.

O Premio Mellor webserie internacional, dotado tamén con 800 euros e trofeo, foi para Subsolo, unha serie portuguesa que conta un día na vida de cinco adultos novos con Lisboa como pano de fondo, os seus problemas financeiros e dúbidas existenciais, situacións incómodas e íntimas.
Egoitz Diaz gañou o premio AGAG ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, por Ixa, unha serie xuvenil composta por historias independentes en torno ao uso do tempo e aos non-lugares, gravada en formato vertical favorecer a visión no móbil e que nace co obxectivo de fomentar o uso do euskera entre a xente máis nova.
E Alvaro Carmona conquistou o premio CREA á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, pola segunda temporada de Gente Hablando, unha serie que trata temas universais a través de conversas cotiás entre dúas ou máis personaxes e que o ano pasado conquistara os premios do público e guión, tamén para Álvaro Carmona. O xurado tamén destacou o traballo nesta serie de Raúl Fernández de Pablo co Premio ao mellor actor.
O premio á mellor actriz foi para a galega Anxela Ríos por Destapando Casares, un thriller transmedia que constrúe un clima de desconfianza arredor dos segredos das persoas que conviven na Universidade Carlos Casares.
O xurado novo, composto por Laura Mendez, Antía Suárez e Jaime Regueiro decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Pikuak, unha serie en euskera sobre tres mulleres novas divertíndose e loitando xuntas.

Charla con Verto

A Gala

Os premios

 

Novas relacionadas

Comentarios