Martes. 01.12.2020
El tiempo

Xan e Amnesia abren o caseiro Carballo Interplay

Xan
Xan
Xan e Amnesia abren o caseiro Carballo Interplay

O festival de contidos dixitais "volve a Internet" e emitirá, dende o mércores 18 ata o domingo 21 de novembro, a súa 7ª edición por Youtube, Facebook e Twitch. Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto, se ben algunhas poderanse ver só durante o directo.

XAN

O mércores, ademais da presentación institucional presentada pola directora Sonia Méndez, terá unha gran protagonista: a estrea mundial de Xan, unha comedia millenial cun certo ton surrealista dirixida por Lucía Estévez con guión de Miguel Canalejo, que tamén a protagoniza.

A serie, que gañou o concurso de proxecto da pasada edición do festival, conta cunha chea de colaboracións de actores e actrices galegas como Irene Lorenzo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Sila Sicilia, Marta Doviro, Sheyla Fariña, Camila Bossa, Víctor Duplá, Xoán Fórneas, Santi Cuquejo ou Lucía Regueiro, entre moitos outros.

”Amnesia”, a primeira serie interactiva en galego

Outro dos proxectos con Denominación de Orixe #CarballoInterplay é “Amnesia 3.0”. A súa cita será o xoves ás 22:00h, despois dun día completo enfocado á produción audiovisual galega, con charlas, proxeccións BSO en galego
Amnesia 3.0, proxecto gañador do Premio á produción de proxecto convocado polo propio festival o ano pasado, e foi gravada este ano a cabalo entre Carballo e Zas.

O pioneiro proxecto constitúe un fito dentro da ficción dixital galega, pois ofrécese a posibilidade de que o espectador se achegue á historia por un ou outro itinerario que el mesmo poderá escoller. Unha aposta interactiva sen precedentes que nace dunha teima por atreverse a romper os límites impostos.

rodaxe_amnesiaserie en Carballo
A rodaxe de Amnesia realizouse en Carballo e Zas

 
PROGRAMA COMPLETO DO FESTIVAL
MÉRCORES 18
21:00. Apertura do VI Carballo Interplay (Só en directo)
22:00. Estrea de Xan, de Lucía Estévez. Serie gañadora do pitching 2019 (Só en directo)
 
XOVES 19
11h00. Mulleres nos videoxogos e eSports + Presentación de Nerfeadas, documental sobre o machismo nos videoxogos. Con Minia Monteagudo “Samku” e Marina Amores “Blissy”.
12h30. Playlist: etapas e xeracións do Youtube galego. Con Miguel Silva Conde (Aquel-e).
16h30. En galego, en construción. Pitching de proxectos de webserie.
18h30. Encontro Podgalego. Con Isaac González (Podgalego), Iria Veiga (Sónica Cuántica, Burán), Carlos Pereiro (A gruta de Gizamaluke) e Té con Gotas.
20h00. Sección oficial. Bloque Galicia. (Só en directo)
22h00. Estrea “Amnesia 3.0”, de Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin. Webserie gañadora do pitching 2019. (Só en directo)

VENRES 20
11h00. Tecnoloxías para a (re)construción de mundos virtuais. Con Carlos Seijo (Maxina) e Toño Cabanelas (Liveforevr). En colaboración con CREA.
12h30. Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla. Con Ana Domínguez (S8), Ángel Sánchez (Play Doc), Sonia Méndez (Carballo Interplay). En colaboración con Proxecta.
18h30. Sección oficial. Bloque internacional 1. (Só en directo)
20h00. Sección oficial. Bloque estatal 1. (Só en directo)
21h30. Estirando el chicle. Con Percebes y Grelos e Living Postureo.
23h00. Necroshow. Con Lorena Iglesias.

SÁBADO 21
11h00. Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina. Con Lorena Iglesias, Penny Jay, Victoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes y grelos).
12h30. Presentación Radio Primavera Sound con Marta Salicrú + Ciberlocutorio, podcast en directo con Anna Pacheco e Andrea Gumes. Convidado: Brays Efe.
17h00. Sección oficial. Bloque internacional 2 (Só en directo)
18h30. Sección oficial. Bloque estatal 2 (Só en directo)
20h00. Encontro con Verto.
22h00. Gala de clausura.

 

Novas relacionadas

comentarios