Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Escola Ambiental de Senda Nova botou o peche tras 8 meses de actividades de achegamento á natureza

Escola Ambiental de Senda Nova 2
A Escola Ambiental de Senda Nova botou o peche tras 8 meses de actividades de achegamento á natureza

Pechou a novena edición a Escola Ambiental de Senda Nova, tras 8 meses de actividades que permiten á rapazada coñecer e disfrutar da súa contorna natural. O Espazo de Natureza de Oza acolleu a clausura, á que acodiron ás familias dos participantes.

Houbo que recoller as tendas de campaña (curiosamente unha das actividades preferidas polas crianzas), pero tamén houbo tempo para contarlle ás familias, a través dunha reportaxe fotográfica o ben que o pasaron facendo Sendeirismo, obradoiros de pegadas, de orientación, colocación de cámaras de fototrampeo… Capítulo aparte merecen as pernoctas e a visita a lugares de interese como Baldaio, o río Anllóns, Oza, Ardaña, Artes, Razo… E como non, en especial o Bosque da Ribeira da Pena, convertido desta volta na mellor aula de aprendizaxe.

Á cita non quixo faltar a concelleira Maruxa Suárez Cotelo, reincindo na aposta municipal por este proxecto.

Escola Ambiental de Senda Nova

Novas relacionadas

Comentarios