Venres. 19.04.2024
El tiempo

Espiral Maior Foro acolle a exposición de Pepe Cáccamo

INAUGURACIÓN EN CARBALLO DA EXPOSICIÓN DE PEPE CÁCCAMO O lume das formas
Espiral Maior Foro acolle a exposición de Pepe Cáccamo

O venres, día 15 de xullo, ás 20:30 h., terá lugar na Galería de Arte de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) o acto inaugural da
exposición “O lume das formas. Obxectos” do artista plástico vigués Pepe Cáccamo.
Participarán no acto, ademais do artista, o escritor e crítico de arte Xavier Seoane e o director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo
Fernán Vello.

Pepe Cáccamo, nome artístico do poeta e narrador Xosé María Álvarez Cáccamo, ten exposto a súa obra en diversas exposicións
celebradas en galerías e salas de arte de Galicia dende finais dos anos 80 do século pasado, e tamén foi obxecto de atención na Sala Provincia do Instituto Leonés de Cultura, no Centro de Poesía Visual de Peñarroya (Córdoba), na sala Consultorio de Aveiro
(Portugal), en El Matadero de Madrid ou no Museo de Arte Contemporáneo (MUSAC) de León.

“O lume das formas. Obxectos”, que poderemos contemplar en Carballo, é un conxunto de 30 pezas, a maioría delas preparadas
para a presente exposición, nas que o artista constrúe arquitecturas oníricas de diferentes composicións materiais, pinturas e “obxectos” plásticos e escultóricos que modulan entre o substrato surrealista e unha aproximación á vertixe e ao asombro da realidade.
A exposición estará aberta ao público até o 15 de setembro.

Novas relacionadas

Comentarios