O estudante Jesús Miguel Goimil Ares gaña o I Concurso de microrrelatos #carballomola

Un dos concursos abertos neste confinamento foi o singular I Concurso de microrrelatos #carballomola en Instagram. Este 23, Día do Libro a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Carballo fixo saber quen foi o que máis “gústames” obtivo. Nada menos que 2.358 recibiu miss_estrellita3.0, que non é outro que estudante de Secundaria no IES Isidro Parga Pondal, Jesús Miguel Goimil Ares.
Participaron neste certame de confinamento 46 autores e autoras, que, ademais de textos moi traballados, incluíron ilustracións, fotografías e vídeos propios que contribúen a enriquecer estas breves historias de 77 palabras como máximo. O gañador, que recibirá, tan pronto como as circunstancias o permitan, un lote de produtos co logotipo “Eu quero a Carballo” e un vale de 150€ para gastar en librarías de Carballo.
Outros Concursos
- Un concurso de microrrelatos para recoller como sairemos do confimanento.
- Malpica implica á rapazada a enviar #CartasconAlma ás persoas hospitalizadas.
- A Olería de Buño propón un novo certame de pintura.
- Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA.
- Un concurso de microrrelatos para pasar a corentena
- Naufraxios Galegos convoca o primeiro concurso de Contos Mariños