Mércores. 12.08.2020
El tiempo

Javier Rodríguez achega a arte a todo o mundo no Estudo Garabato

Javier Rodríguez achega a arte a todo o mundo no Estudo Garabato

O Estudo Garabato abre o ano novo con nova exposición pictórica: Procesos de Javier Rodriguez. Este licenciado en restauración de pedra e cerámica, nado en 1970 en Zurich, ten numerosas exposicións no seu haber e esta é a súa primera individual en territorio carballés.

A inauguración será o sábado 11 de xaneiro ás 21:00h, e a exposición estará aberta ata o 15 de febreiro.

”O obxectivo desta Exposición é acurtar a brecha elitista que hai entre o mundo da pintura coa xente corrente. Pois moitas veces polo propios prexuízos de ámbalas partes fai que non se cheguen a coñecer”, explica.
“O meu desexo principal é crear cadros para a xente como ti e eu. Romper esa brecha que hai entre a arte contemporánea do cal en moitas ocasións non o entendemos ou non tivemos unha explicación previa para un mellor entendemento da mesma.
O surrealismo baséase na interpretación do subconsciente. O mellor deste estilo é que sempre traballa nos sentimentos básicos que todos levamos dentro e coñecemos como o medo, a tristeza, a alegría, o amor e os nosos desexos propios.
Ás veces non somos conscientes pero cando durmimos o noso subconsciente procesa todo esa información para estar equilibrados.

”Creo que a arte é para todo o mundo. Porque ao final é do que se trata e de compartir algo que todos temos e sentimos no noso interior e que ás veces simplemente non empatizamos cos demais porque nos esquecemos que eles tamén senten e padecen”, apunta.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios