Lanzadera Conecta Emprego: 27 moz@s de Carballo sumérxense na rede para atopar traballo

17 mozos e 10 mozas en situación de desemprego, de entre 21 e 59 anos, xa están inmersos na nova experiencia “Lanzadera Conecta Emprego de Carballo”. Unha iniciativa para reactivar e optimizar a súa procura de traballo con novas técnicas e ferramentas acordes ao novo mercado laboral.
Neste proxecto de alfabetización dixital para a busca de emprego, impulsado por Fundación Santa María a Real e Fundación Telefónica, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, a través do programa operativo POISES, e ca colaboración da Xunta de Galicia, os participantes contan co asesoramiento dun técnico especializado durante cinco meses, aínda que o obxectivo sempre é que atopen traballo antes.
Os participantes presentan varios niveis formativos, desde sen estudos ata posgrado; hai quen busca o seu primeiro traballo e quen persegue unha nova oportunidade laboral tras anos de experiencia en diferentes sectores, como Hostelería, Industria, Traballo Social, Alimentación, Deseño Gráfico ou Barbaría, entre outros.
A partir de agora e ata o mes de abril de 2021, da man de Verónica Guardia, aprenderán a facer un plan integral de procura de emprego, actualizarán o seu currículum, ensaiarán entrevistas de traballo, reforzarán competencias transversales e digitales, e contactarán con empresas. “O seu labor agora é converterse nun equipo, mellorar as súas competencias transversais e dixitais, compartir experiencias e coñecementos, reactivar a súa procura de traballo de forma colaborativa e obter novas oportunidades laborais”, explica Guardia.
A iniciativa desenvólvese integramente na rede, a través de Meet, principalmente.
Aínda hai prazas libres, e poden consultar na web.
Novas relacionadas
- Dolores Nieto: “A outra cara de ser a túa propia xefa é que o teu proxecto é coma un fillo, 24 horas de dedicación”.
- Os Obradoiros de Emprego, unha verdadeira oportunidade para a xuventude... e para os Concellos.
- TraballarnaCosta: “A xente da Costa da Morte precisa un espazo onde informase das ofertas desta zona”.