Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O CEIP Fogar de Carballo celebra o día da biblioteca "contando en feminino"

O CEIP Fogar de Carballo celebra o día da biblioteca "contando en feminino"
igualdade Hai mesturas que, a priori, xa se saben que van ter un bo resultado. Tal é o caso do encontro coas letras e coa igualdade que terá lugar hoxe ás 11 horas no CEIP Fogar de Carballo onde celebrarán o día da Biblioteca "Contando en feminino". Para iso uns 200 alumnos e alumnas de entre 7 e 8 anos recibirán a visita de Ana Hermida e os seus contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Serán contos e historias para ir concienciando aos máis novos, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. "Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade", asegura a conferenciante. Ana Hermida é diplomada en Arte dramática e conta cunha ampla experiencia no mundo da narración oral, así como tamén como actriz de teatro, cine e televisión. Actuou en numerosos lugares da xeografía galega e ten unha ampla formación no mundo da Igualdade e Violencia de Xénero. Esta actividade está organizada pola Anpa Pedras Brancas e conta coa colaboración da asociación Lisistrata. Fonte Novas relacionadas  

Comentarios